-->

O Concello de Padrón reivindica que “a igualdade é un dereito fundamental, non é unha opción nin unha concesión”

Mariló Saco leu o manifesto institucional polo 25N e volveu reclamar “tolerancia cero contra a violencia machista”  ||  

Unha flor lembra a cada unha das vítimas asasinadas este ano  ||  

Cheo no auditorio municipal para ver ás mulleres da Asociación A Carballeira representaron a obra ‘O Molde’  ||  

Entregáronse os premios do VI Certame de Debuxos organizado polo CIM Terras de Iria entre alumnado de primaria  ||  

Alumnado da Escola Municipal de Música da a sorpresa ao interpretar o tema ‘O mar’ xunto a Sheila Patricia  ||  

 

 20261127 Padron actos 25N homenaxe vitimas 12

Padrón lanzou este venres unha mensaxe unanime de “tolerancia cero” contra a violencia machista, nos actos oficiais para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Na praza da Igualdade, autoridades e veciñanza participaron na homenaxe ás vítimas e as mulleres da Asociación A Carballeira representaron a obra ‘O Molde’ nun abarrotado auditorio municipal, no que tamén se entregaron os premios do certame de debuxos e o alumnado da Escola Municipal de Música sorprendeu ao público interpretando o tema ‘O Mar’ xunto a Sheila Patricia.

A concelleira Mariló Saco deu lectura ao manifesto institucional polo 25N, que reafirmou o compromiso municipal coa igualdade e coa erradicación de todas as formas de violencia contra as mulleres. “A igualdade non é unha opción nin unha concesión: é un dereito fundamental”, asegurou Saco Vigo durante a lectura do manifesto, e volveu subliñar a responsabilidade das administracións de previr, protexer e acompañar as vítimas.

O manifesto fixo tamén un chamamento á implicación da cidadanía, das familias, dos centros educativos e do tecido asociativo, e rexeitou os discursos que negan ou minimizan a violencia machista. “Non aceptamos que se culpabilice ás vítimas. Non aceptamos que se cuestione a súa palabra. Contra a violencia machista, tolerancia cero”, asegurou Mariló Saco.

Unha flor por cada vítima

A homenaxe na praza da Igualdade abriu os actos coa colocación dunha flor en memoria de cada unha das vítima da violencia machista durante este ano. Neste xesto de lembranza participaron veciñas e veciños, membros do goberno local e do Centro de Información á Muller Terras de Iria.

 20261127 Padron actos 25N Teatro O Molde 4

Cheo no auditorio municipal

A continuación, a veciñanza abarrotou o autoditorio municipal, que se quedou pequeno para ver a representación de O Molde, obra de teatro escrita por Ramón Torrente García e interpretada por integrantes da Asociación de Mulleres Rurais A Carballeira. A obra abordou os mandatos de xénero impostos desde a infancia, os mitos do amor romántico e as diferentes formas de control e violencia contra as mulleres. A través de escenas simbólicas, propuxo un percorrido desde a imposición e a submisión ata a toma de conciencia, o apoio entre mulleres e a liberdade para decidir sobre a propia vida. Un extracto desta obra serviu tamén de base para o vídeo institucional do 25N publicado polo Concello de Padrón.

As actrices recolleres numerosos aplausos do público e tamén un ramo de flores que lles entregou Mariló Saco, en recoñecemento polo seu esforzo e implicación nos actos do 25N.

 20261127 Padron actos 25N Premios Certame Debuxos 7

A continuación o alcalde, Anxo Arca, e Mariló Saco entregaron os premios do VI Certame de Debuxos convocado polo CIM Terras de Iria, no que participou alumnado dos colexios Flavia e Rosalía de Castro de Padrón. De xeito paralelo, os escaparates dos comercios colaboradores acolleron unha exposición cos debuxos realizados polo alumnado, que levou a sensibilización e a reflexión sobre a igualdade ás rúas da vila.

O actos institucional contou tamén unha representación musical e rematou coa actuación sorpresa de alumnado da Escola Municipal de Música de Padrón, que interpretou o tema ‘O mar’, xunto con Sheila Patricia. Durante o acto, Sheila Patricia presentou a actuación 'Aínda nos quedan mulleres fora', do libro recén estreado de Xulia María Barros 'Fillas de Eva'. A peza foi representada pola bailarina Iria Calvar

 20261127 Padron actos 25N Alumnado Escola Musica 9

 

 

 

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…