-->

O Concello de Padrón e Espina & Delfín fomentan o consumo responsable de auga

  • A campaña “A auga non é infinita. Consúmea con cabeza” ten como obxectivo concienciar a toda a veciñanza

 

O impacto do cambio climático en Galicia xa non é unha ameaza futura, senón unha realidade urxente. Basta con mirar o estado dos ríos, encoros e acuíferos para comprobar como as ondas de calor adiantadas, as secas máis longas do habitual e a irregularidade das precipitacións están a poñer en risco un recurso que sempre demos por garantido. Ante este escenario, o Concello de Padrón e Espina & Delfín poñen en marcha, un ano máis, a súa campaña de consumo responsable de auga, baixo o lema “A auga non é infinita. Consúmea con cabeza”.

Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo municipal de auga, traballa en estreita colaboración co goberno local nesta iniciativa. Así, combinaranse materiais informativos e canles de comunicación dixital para que a mensaxe de aforro chegue á veciñanza coa maior proximidade posible.


En 2025, o volume de auga consumida pola veciñanza do Concello de Padrón situouse en 1.210.291 m³, o que supón unha media mensual de 100.857 m³. Se analizamos a evolución ao longo dese ano, o pico de consumo rexistrouse en plena tempada estival: no mes de agosto acadouse o valor máximo, con 120.057 m³. Pola contra, febreiro foi o mes con menor demanda, cun total de 77.851 m³. Esta diferenza implica que durante o mes de agosto o consumo de auga foi un 35 % superior ao do resto do ano.

A campaña pon o foco en que ningunha acción individual é pequena cando se trata de aforrar e protexer o ciclo integral da auga. Por iso, máis alá da teoría, apóstase por trasladar pautas moi sinxelas e fáciles de aplicar no día a día. No fogar, pecha a billa mentres enxaboas os pratos ou os dentes, escolle a ducha fronte ao baño, e que non se alongue máis do necesario, e usar lavadoras e lavalouzas a carga completa. É importante tamén revisar as instalacións domésticas ou instalar aforradores de caudal para evitar os litros que se perden co goteo.

Encher a piscina, lavar o coche ou regar o xardín son hábitos frecuentes nesta época, pero convén facelos con responsabilidade: evitar as horas de máis calor, aproveitar mellor cada litro e reducir os usos que non sexan necesarios. E se marchamos de vacacións e a vivenda queda baleira, deberíamos pechar a chave de paso para evitar fugas e sobresaltos mentres non hai ninguén para detectalos. Porque coidar a auga tamén depende desas pequenas decisións que, sumadas, axudan a protexer un recurso cada vez máis valioso e vulnerable.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…