-
O programa desenvolverase no CEIP Rosalía de Castro os días 22, 23, 25, 26, 29 e 30 de xuño
-
A iniciativa, gratuíta e con 50 prazas, combina conciliación familiar, creatividade e participación infantil

16 de xuño de 2026
O Concello de Padrón publica a listaxe de participantes admitidos e excluídos no campamento “A Vila do Mañá”.
A relación pode revisarse premendo no seguinte enlace e no taboleiro de anuncios do Concello.
9 de xuño de 2026
O Concello de Padrón pon en marcha este verán o campamento “A Vila do Mañá”, unha iniciativa que combina conciliación familiar e aprendizaxe a través do xogo e da creatividade. A actividade desenvolverase no CEIP Rosalía de Castro os días 22, 23, 25, 26, 29 e 30 de xuño e está dirixida a nenas e nenos de entre 5 e 14 anos.
Trátase dunha proposta innovadora que lle permitirá á rapazada achegarse ao coñecemento do espazo público desde unha perspectiva diferente, empregando ferramentas vinculadas á arquitectura pedagóxica, ao urbanismo participativo, á expresión artística e ao traballo colaborativo. O obxectivo é fomentar a observación, a reflexión e a capacidade de imaxinar como poderían ser os espazos que habitan no futuro.
O programa conta cun máximo de 50 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, e desenvolverase en horario de 07.45 a 15.15 horas. A participación será gratuíta para todas as familias.
A actividade está subvencionada polo Ministerio de Cultura e polo Concello de Padrón, reforzando así a aposta por iniciativas educativas e de conciliación durante o período estival.
As inscricións poderán realizarse entre o 10 e o 15 de xuño a través da Sede Electrónica do Concello ou presencialmente no Rexistro Municipal. Os formularios de inscrición están dispoñibles nesta ligazón e tamén poden recollerse no Centro de Información á Muller (CIM), no edificio de Servizos Sociais, en horario de 9.30 a 14.30 horas.
A listaxe de persoas admitidas publicarase o 17 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal.
O Concello anima as familias interesadas a formalizar a inscrición dentro do prazo establecido para participar nesta experiencia educativa que convida á rapazada a descubrir, analizar e imaxinar o Padrón do futuro.
Galego
Español 



