-->

O Concello de Padrón impulsa novas oportunidades laborais a través do Programa Integrado de Emprego de Dodro 2025/2026

  • A iniciativa está dirixida a persoas desempregadas da comarca e ofrece itinerarios personalizados de inserción laboral

  • O proxecto inclúe un ano máis accións de orientación, formación en sectores clave e prácticas profesionais

 

O Concello de Padrón participa nunha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Dodro 2025/2026, unha iniciativa conxunta que tamén conta coa colaboración dos concellos de Rois, Valga, Catoira e Pontecesures. O programa, co apoio da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), pon á disposición da veciñanza 100 prazas dirixidas a persoas desempregadas da comarca.

O obxectivo é mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción laboral mediante accións personalizadas que combinan orientación, formación e prácticas en empresas. O itinerario inclúe entrevistas individuais, asesoramento laboral, talleres de habilidades sociais, intelixencia emocional, mobilidade laboral e preparación para procesos de selección.

A parte formativa centrarase en sectores cunha alta demanda de persoal, como:

  • Industrias alimentarias
  • Fabricación mecánica
  • Téxtil e confección
  • Administración e xestión
  • Comercio e loxística
  • Hostalería e turismo
  • Servizos á comunidade
  • Sociosanitario
  • Imaxe e son

As persoas participantes tamén poderán realizar prácticas non laborais en empresas da contorna, e contarán cunha bolsa diaria de 10 euros para facilitar a asistencia ás actividades formativas. O programa establece un obxectivo de inserción laboral do 37%, o que supón unha oportunidade real de acceso ao emprego.

Poderán inscribirse persoas desempregadas que estean rexistradas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia e que pertenzan a algún destes colectivos:

  • Persoas con discapacidade
  • Maiores de 45 anos
  • Menores de 30 anos
  • Mulleres
  • Desempregadas de longa duración
  • Perceptoras de prestacións, subsidios ou da Renda Activa de Inserción (RAI)

O Concello de Padrón anima á veciñanza a participar neste proxecto, que supón unha oportunidade de actualizar competencias e acceder a novos recursos profesionais.

As inscricións deberán realizarse no Concello de Dodro, a través do seu Departamento de Emprego, ou ben nos teléfonos 981 802 062, 669 949 973 ou 676 829 521, ou mediante correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…