-->

A restauración do retablo da igrexa de Santiago súmase ao acondicionamento das cubertas

  • O alcalde destaca a implicación de institucións e iniciativas privadas para preservar o patrimonio da vila

  • Anxo Arca, o párroco Roberto Martínez, o director territorial da Consellería de Cultura Severino Álvarez, concelleiros e concelleiras do goberno e a Corporación acompañaron á delegada da Xunta na provincia da Coruña na súa visita ao templo

  • A actuación no retablo conta cun orzamento de 98.000 euros

 

20251023 Padron Retablo 02O alcalde de Padrón, Anxo Arca, encabezou a comitiva do goberno local que acompañou esta mañá á delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, na visita que fixo á igrexa parroquial de Santiago e na que anunciou que o Goberno galego vén de licitar a restauración do retablo maior, actuación que conta cun orzamento de 98.000 euros. As empresas poderán presentar agora as súas ofertas ata o vindeiro 3 de novembro e contarán cun prazo de execución de seis meses dende a sinatura do contrato.

Durante a visita —na que tamén participou o director territorial da Consellería de Cultura na provincia da Coruña, Severino Álvarez— o alcalde de Padrón destacou a relevancia desta intervención. Anxo Arca recordou que a igrexa de Santiago é o espazo arquitectónico máis visitado da localidade polos seus vínculos coa tradición xacobea e subliñou que “esta restauración do retablo se suma ás  obras de renovación da cuberta, que foron financiadas por un empresario padronés e que contaron coa máxima colaboración do Concello co obxectivo de que este elemento patrimonial acade un estado óptimo de conservación”.

Neste sentido, o rexedor agradeceu a colaboración tanto das distintas administracións como de promotores privados para preservar o patrimonio relixioso e histórico da vila, e reforzou o compromiso do goberno local para que Padrón presente a súa mellor cara no vindeiro xacobeo. “Coa vista posta no Ano Santo de 2027, é importante que todas as institucións colaboren para que os camiños de Santiago se atopen nas mellores condicións, o que inclúe o coidado dos diferentes elementos que compoñen o noso patrimonio histórico”, sinalou Anxo Arca.

A igrexa de Santiago é un dos espazos máis emblemáticos de Padrón, ligado directamente á tradición xacobea como lugar onde se custodia o pedrón que, segundo a tradición, serviu para amarrar a barca na que chegou o corpo do Apóstolo Santiago procedente de Palestina. Trátase dun dos principais puntos de parada para os peregrinos que percorren o Camiño Portugués e un símbolo da identidade cultural e relixiosa da vila.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…