-->

Ategal abre este luns 8 de setembro o prazo de inscrición nas Aulas Sénior de Padrón

  • As clases comezarán o mércores 1 de outubro e rematarán o 31 de maio de 2026 

  • As actividades combinarán ximnasia, pilates, ioga, informática, pintura e manualidades para maiores de 50 anos.

  • As clases desenvolveranse tanto no núcleo urbano como nas parroquias de Carcacía, Angueira de Suso e Estramundi.

  • O programa complétase con club de lectura, viaxes culturais e voluntariado Ategal para fomentar a participación cidadá

 

As Aulas Sénior de Padrón, orientadas a fomentar un envellecemento activo, arrancan un novo curso cunha programación variada de actividades saudables, culturais e de lecer. O programa, xestionado por Ategal en colaboración co Concello de Padrón, continuará tamén coa súa oferta nas parroquias rurais dirixido a persoas maiores de 50 anos.

Este ano a data de inscrición comeza o 8 de setembro para persoas empadroadas en Padrón (e o 17 de setembro para maiores do resto da comarca). Tradicionalmente o prazo abríase o día 15, pero nesta edición adiántase debido a que as clases comezarán tamén antes, concretamente o 1 de outubro de 2025, prolongándose ata o 31 de maio de 2026.

O custo da matrícula é de 60 euros anuais por persoa, ou 100 euros no caso de matrimonios, ademais dunha cota de 10 euros por actividade.

As actividades desenvolveranse na sede do Centro Social de Padrón (Campo do Souto, nº 2) e tamén nas parroquias de Carcacía, Angueira de Suso e Estramundi.

Oferta de actividades en Padrón

No núcleo urbano de Padrón, a programación inclúe actividades físicas como ximnasia de mantemento, ximnasio, escola de espalda, pilates, hipopresivos, ioga-relaxación e camiñatas. Tamén haberá clases de memoria, inglés (nivel 0 e nivel I), informática (nivel 0 e nivel I), pintura ao óleo, pintura en tea, manualidades, labores varias (patchwork, bordado, ganchillo, calceta)

No ámbito cultural, prográmase un Clube de lectura gratuíto, que se reunirá o último luns de cada mes con inicio o 24 de novembro, coa obra La trenza de Laetitia Colombani. Ademais, ofertaranse clases de arte e de Historia de España e de Galicia e actividades de divulgación do patrimonio artístico-cultural.

Oferta de actividades nas parroquias

Na parroquia de Carcacía a oferta inclúe ximnasia de mantemento (martes e xoves, de 9:30 a 10:35 h) e taller de memoria (mércores de 18:30 a 20:00 h), as mesmas propostas que en Angueira de Suso pero con diferente horario (ximnasia de mantemento os luns e mércores, de 17:00 a 18:00 h, e o taller de e memoria os luns de 18:45 a 20:15 h).

En Estramundi os maiores de 50 anos poderán participar na escola de espalda (luns e venres, de 17:45 a 18:45 h), pilates (martes de 17:00 a 18:00 h e mércores de 16:20 a 17:20 h) e ximnasia de mantemento (martes e xoves, de 19:00 a 20:00 h).

Outras actividades

O programa complétase co Voluntariado Ategal, aberto a todo o alumnado interesado en participar nos proxectos das Aulas Sénior.

Información e inscricións

As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao teléfono 981 811 329 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou na web www.ategal.com

A inscrición realizarase de xeito presencial no Centro Social de Padrón (Campo do Souto nº2).

triptico ATEGAL 20 25 26 page 0001

triptico ATEGAL 20 25 26 page 0002

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…