-->

O Concello de Padrón oferta máis de vinte modalidades deportivas para todas as idades no curso 2025/2026

  • As clases comezarán o 29 de setembro e rematará o 17 de xuño

  • O prazo de matrícula abrirase o 10 de setembro para persoas empadroadas no municipio e o 17 de setembro para o público en xeral

 

O Concello de Padrón anuncia a posta en marcha da súa programación anual de Escolas Deportivas Municipais e Actividades Físico-Deportivas, que se desenvolverá entre o 29 de setembro de 2025 e o 17 de xuño de 2026. A iniciativa, coordinada pola Concellaría de Deportes, pretende ofrecer á veciñanza unha ampla variedade de disciplinas deportivas adaptadas a todas as idades, desde a infancia ata a idade adulta.

A proposta recolle unha oferta específica para nenos e mozos, organizada en Escolas Deportivas Municipais, nas que se inclúen modalidades como atletismo, baloncesto, fútbol sala, hockey, patinaxe artístico, tenis, voleibol, ximnasia rítmica, xadrez e judo, ademais dun programa de motricidade para os máis pequenos. As actividades desenvolveranse en grupos por idades, en instalacións como o Pavillón do Souto e o Pavillón do Grupo Escolar.

No apartado das Actividades Físico-Deportivas para maiores de 14 anos, a programación abrangue propostas variadas que van desde o cardiofit, o fit bike ou gap/cardio ou o tonificación, ata disciplinas orientadas á saúde e ao benestar como ioga, pilates, hipopresivos ou escolas de espalda. Tamén se ofertan clases de ximnasia de mantemento, tenis en horario de noite e xogos populares como a chave (neste último caso de balde). Estas actividades impartiranse en diferentes espazos municipais, entre eles o Pavillón do Souto, o Auditorio Municipal e o Centro Sociocultural de Carcacía.

As cotas de participación varían segundo os grupos de idade:

  • 40 euros de matrícula por tempada máis 5 euros por actividade para escolares de 3 a 17 anos.
  • 50 euros de matrícula máis 7 euros por actividade para mozos de 18 a 25 anos.
  • 60 euros de matrícula máis 10 euros por actividade para adultos a partir de 26 anos.
  • Modalidade familiar cun prezo de 120 euros de matrícula por tempada e tarifas reducidas de 5, 7 ou 10 euros por actividade.

Ademais, as familias numerosas poderán beneficiarse dunha redución do 10% nas cotas.

O prazo de matrícula abrirase o 10 de setembro para persoas empadroadas no municipio e o 17 de setembro para o público en xeral. As inscricións poderán realizarse na Oficina de Deportes, situada no Centro Social do Concello de Padrón (Campo do Souto nº 2), ou a través dos teléfonos 664 076 974 e 981 811 329, así como nos correos electrónicos Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

díptico deportes 25 26 portada

díptico deportes 25 26 interior

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…