-->

Padrón organiza a “Caravana da Irmandade” a Arjonilla para celebrar o seu irmandamento

  • A veciñanza padronesa poderá viaxar de xeito individual ao municipio xinenense os días 26 e 27 de setembro 

  • A programación, incluída a comida de fraternidade, está coordinada polos concellos 

  • O prazo de inscrición está aberto ata o 8 de setembro na Oficina de Turismo de Padrón

  • Unha representación da corporación municipal, encabezada polo alcalde Anxo Arca, tamén participará na viaxe

  • O obxectivo é fortalecer os seus lazos de amizade e cooperación cultural arredor da figura de Macías o Namorado

20250704 Padron irmandamento con Arjonilla 28

O Concello de Padrón organiza os días 26 e 27 de setembro a Caravana da Irmandade a Arjonilla, unha viaxe coa que se quere celebrar e consolidar o irmandamento asinado entre ambos municipios o pasado 4 de xullo arredor da figura literaria de Macías o Namorado, trobador medieval nacido en Padrón e falecido en Arjonilla.

A iniciativa supón unha viaxe individual da veciñanza padronesa cara ao municipio xienense, símbolo de unión e amizade entre pobos. Cada persoa parte libremente para rematar co programa común de actividades que teceron os seus concellos. A Oficina de Turismo de Padrón prestará asesoramento a todos os padroneses e padronesas que desexen tomar parte nesta experiencia cultural única.

Unha representación da corporación municipal, encabezada polo alcalde Anxo Arca, tamén formará parte da comitiva padronesa nesta viaxe, reforzando así o vínculo institucional entre ambos concellos.

Programa de actividades

O venres 26 de setembro está previsto o acto oficial de irmandamento en Arjonilla, seguido dunha visita ao Palacio Marqués de la Mercé e dunha comida institucional. Pola tarde, as persoas participantes coñecerán a Almazara García Morón, onde se realizará unha cata de aceite, e disporán de tempo libre para gozar do Mercado medieval de Arjonilla.

O sábado 27 de setembro o programa inclúe unha visita guiada polo patrimonio histórico-cultural de Arjonilla, así como un obradoiro artesanal de cerámica no taller de Manuel Bejarano Zafra. A xornada rematará de novo no Mercado Medieval, que ambientará as rúas da vila.

Prazo e inscricións

O prazo de inscrición remata o luns 8 de setembro. As persoas interesadas deben dirixirse á Oficina de Turismo de Padrón (Avda. Compostela s/n, 15900 Padrón), chamar ao teléfono 646 593 319 ou enviar un correo a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Un proxecto de irmandade cultural

O irmandamento entre Padrón e Arjonilla foi rubricado o pasado mes de xullo polos alcaldes Anxo Arca e Luis Miguel Carmona como un acto de compromiso cultural e de posta en valor dun legado histórico e literario compartido.

Durante aquel acto, celebrado en Padrón, ambos rexedores destacaron que a figura de Macías o Namorado actúa como “ponte entre os dous pobos” e que esta unión servirá para “seguir cultivando a amizade sincera, a cultura e o respecto mutuo”.

Con esta Caravana da Irmandade, o Concello de Padrón busca implicar á súa veciñanza neste proxecto común, reforzando a cooperación cultural e social entre as dúas vilas.

PROGRAMA ARJONILLA 25 ultimo page 0001

PROGRAMA ARJONILLA 25 ultimo page 0002

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…