-
As persoas asistentes obterán unha certificación baremable //
O local social de Pousada, en Carcacía, acollerá os días 8 e 9 de agosto dúas xornadas de formación sobre saúde. A primeira das xornadas, que se desenvolverá o venres 8 e o sábado 9 pola tarde, tratará sobre primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar (RCP) para cans; o segundo, que terá lugar o sábado 9 pola mañá, abordará o control de hemorraxias e será impartido pola asociación Stop the Bleed, que ten como propósito principal salvar vidas e que está composta por persoas voluntarias.
Programa do curso de primeiros auxilios e RCP para cans:
- 16.00 h. Presentación
- 16.15 h. Reanimación cardiopulmonar (RCP)
- 17.45 h. Merenda
- 18.15 h. Obstrucción da vía aérea (OVA)
- 19.45 h. Lesións traumáticas
- 20.15 h. Emerxencias veterinarias
- 20.45 h. Clausura
Programa do curso de control de hemorraxias:
- 09.00 h. Presentación
- 09.15 h. Marco legal e control de hemorraxias
- 10.30 h. Presión directa e empaquetado de feridas
- 11.30 h. Almorzo
- 12.00 h. Vendaxes hemostáticos
- 13.00 h. Torniquetes
- 14.30 h. Clausura
As persoas asistentes recibirán unha certificación nacional e internacional baremable, puntuable para procesos de selección en oposicións ou concursos públicos.
Para máis información e inscricións facilítase o whatsapp 616 759 904. Deixamos os formularios de inscrición, facilitados pola organización dos cursos:


Galego
Español 



