-->

Padrón celebra este martes 6 de maio a festividade de San Xoán do Raio cun programa que combina tradición relixiosa, música e un xantar de confraternidade para maiores

  • A xornada dará comezo ás 11:45 horas coa recepción oficial das autoridades no Concello de Padrón 

  • Para asistir ao xantar será preciso retirar invitación no centro social ata o día 2 de maio e realizar un ingreso de 10 euros

 20240506 Padron San Xoan Raio Xantar maiores 1

O Concello de Padrón celebrará o vindeiro martes 6 de maio a tradicional festividade de San Xoán do Raio, unha cita con fonda raíz popular e relixiosa que inclúe actos solemnes, música e un xantar de confraternidade para maiores.

A xornada dará comezo ás 11:45 horas coa recepción oficial das autoridades no Concello de Padrón. Ás 11:55 horas terá lugar a procesión do santo patrón ata a igrexa parroquial de Santiago de Padrón, acompañada polo grupo folclórico Rosalía de Castro.

A continuación, celebrarase unha misa solemne ás 12:00 horas, que será cantada pola Coral Val do Sar, e ás 12:45 horas, a praza Macías acollerá a actuación do dúo de acordeóns Ad Libitum.

O tradicional xantar de confraternidade para maiores de 60 anos celebrarase no Hotel Scala ás 14:30 horas e estará seguido dun animado baile. Para asistir ao xantar será preciso retirar invitación no centro social ata o día 2 de maio e realizar un ingreso de 10 euros, segundo se indica nas oficinas municipais. Ademais, haberá servizo de autobuses desde as 11:00 horas polas paradas escolares, con regreso previsto ás 19:00 horas desde o hotel.

A parte musical continuará pola tarde e a noite no Campo do Souto, cunha actuación do grupo V-Roc ás 20:00 horas, e ás 21:30 horas será a quenda do grupo padronés UYF’75 (Unión y Fuerza), que celebra este ano o seu 50 aniversario.

Desde o Concello de Padrón anímase a toda a veciñanza a participar nesta celebración tan especial, que une devoción, tradición e música para todas as idades.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…