-->

Padrón acolle unha nova edición de ‘Camiños de coñecemento e experiencia’ para maiores de 50 anos

  • O patrimonio do río Ulla, a participación social e a historia da fotografía centran os seminarios

  • O programa desenvolverase do 2 ao 10 de xuño, con matrícula gratuíta

O programa da USC Camiños de coñecemento e experiencia regresa en xuño ao Concello de Padrón para ofrecerlles formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos. Esta iniciativa inclúe tres seminarios temáticos de dúas sesións cada un, que se desenvolverán entre o 2 e o 10 de xuño, de catro e media a seis da tarde. A matrícula é gratuíta e pode realizarse no Centro Social de Padrón, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A edición deste ano arrinca os días 2 e 3 de xuño cun seminario sobre Participación social e comunitaria, para que?, impartido por Iván García, profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores da USC, quen abordará o papel da cidadanía maior na construción de comunidades activas e cohesionadas.

Nos días 4 e 5, o foco estará no patrimonio fluvial co seminario Muíños e pontes no río Ulla, a cargo de Henrique Neira Pereira. A proposta convida a unha reflexión sobre a historia e importancia destas infraestruturas tradicionais na vida e na economía da contorna.

A terceira proposta formativa terá lugar os días 9 e 10 de xuño. Baixo o título Historia da fotografía: unha viaxe desde a cámara escura ata a era dixital, a investigadora Katia Cino Rouco explorará a evolución da fotografía desde os seus inicios ata a actualidade.

Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento fai parte do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, organizado coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña. Na edición de 2025 participan, ademais de Padrón, os concellos de Arzúa, Porto do Son, Muros, Noia, O Pino, Ordes, Outes, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Teo e Vedra.

Ligazón ao programa completo de Camiños de coñecemento e experiencia 2025.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…