-->

Tina Fernández e Nicolás Domínguez gañan a XLIV Carreira Popular de Pascua en Padrón

  • Preto de 700 atletas participaron nunha xornada marcada pola choiva, o compañeirismo e o espírito deportivo

  • Atletismo Sar revalida o título com club con maior participación de atletas 

  • Martina López e Martín Lestido, foron os primeiros atletas locais en cruzar a meta

  • O atleta máis veterano en completar a carreira foi o ferrolán Jesús Bernal, que aos seus case 78 anos segue a demostrar a súa paixón polo atletismo 

 20250419 Carreira de Pascua1

Tina Fernández Barreiros, da SD Compostela Atletismo, e Nicolás Domínguez García, do CA Sar, proclamáronse gañadores absolutos da XLIV Carreira Popular de Pascua organizada polo Concello de Padrón, nunha edición marcada de novo pola choiva, que non impediu que preto de 700 atletas participasen entre as categorías escolares e absolutas.

A proba tivo lugar na mañá deste sábado 19de abril e converteuse nunha auténtica festa do atletismo local, cun ambiente cheo de espírito deportivo, camaradería e moitas ganas de pasalo ben. Mesmo houbo tempo para cantarlles o ‘cumpleanos feliz’ a tres dos participantes das distintas categorías, nun xesto espontáneo que reflectiu a esencia desta cita: deporte, inclusión e bo humor.

20250419 Carreira de Pascua4

O alcalde de Padrón, Anxo Arca; o deputado provincial de Deportes e Mocidade, Antonio Leira; e os concelleiros Luis Mariño e Chus Campos foron os encargados de entregar os trofeos ás persoas gañadoras nas distintas categorías.

En categoría feminina, Tina Fernández cruzou a meta cun tempo de 52:09, superando por 18 segundos a Silvia García Lorenzo, do Club Atletismo Noia (52:27), e por 22 segundos á triatleta padronesa Martina López Gestal (52:31), tamén da SD Compostela, que foi ademais recoñecida como a mellor atleta local. Martina foi, precisamente, elixida a pregoeira das Festas da Pascua deste ano que abren oficialmente hoxe ás 21:00 horas.

20250419 Carreira de Pascua5

Na categoría masculina, Nicolás Domínguez proclamouse vencedor absoluto cun tempo de 43:29. Completaron o podio Francisco Javier Ascanio (43:34) e o atleta local Martín Lestido (43:38), do CA Sar, que revalidou o recoñecemento como mellor padronés, igual que na pasada edición.

20250419 Carreira de Pascua3

O atleta máis veterano en completar a carreira foi o ferrolán Jesús Bernal, que aos seus case 78 anos segue a demostrar a súa paixón polo atletismo, sumando quilómetros e participacións en probas por toda Galicia.

Na clasificación por clubs, o C.A. Sar volveu ser o equipo con maior número de participantes e acadou tamén o primeiro posto como mellor conxunto, por diante da SD Compostela e do Triatlón Vilagarcía.

 ALI1864

Destacada participación nas categorías escolares

A carreira contou cunha alta participación tamén nas categorías escolares, nas que máis de 350 nenos e nenas decidiron correr pese ao mal tempo. Todos os participantes recibiron medallas e, nas probas competitivas, os podios foron os seguintes:

Sub 20 masc.: Eros Pardal, Saúl Alcalde e Mario Alcalde.

Sub 23: Paula Quintela e Hugo Calvo.

Sénior: Raquel Fernández, Ana Eirís e Aldara Betanzos; e Damián González, Esteban Martín e Nicolás Mollinedo.

Máster 1: Elisa Boullosa, Nuria Mejuto e Paula Trillo; e Ismael García, Xacobe Fontán e Arturo Domínguez.

Máster 2: Marga Villaverde, Sonia Agrasar e Silvia González; e Roberto Carlos Agrelo, Victor González e Fernando Vázquez.

Máster 3: Elena Miguens, Elena Torea e Patricia Argiz; e Santiago Falcón, Ángel Maceiras e Xosé Antón Barreiro.

Máster 4: María del Rosario Morales, María Begoña Ramos e Elvira Tresguerras; José Suárez, José Carlos Graña e Santiago Álvarez.

Categorías escolares

Nas categorías escolares houbo medallas para os participantes e as clasificacións, nas probas competitivas, quedaron do seguinte xeito:

Sub-10: Gabriela López, Daniela Pacheco e Xeila Mateos; e Nico Camino, Mateo Vilela e Luca Ramos.

Sub-12: Icía López, Celia Mella e Alma Vicente; e Nicolás Amado, Antonio Sanmartín e Xián Martínez.

Sub-14: Aitana García, Martina Yubero e Judit Barros; e Xabier Rodil, Hugo Tuñas e Alejandro Campos.

Sub-16: Lucía Taboada, Candela Dopazo e Xoana Rodil; e Martín Otero, Marcos Barcala e Diego Daporta.

Sub-18: Uxía López e Erika Botana; e Hugo Castaño, Brais Bahamonde e Fabián Lunenburguer.

O Concello de Padrón agradece a participación de todos os atletas, clubs, familias e voluntarios, así como o traballo organizativo, de seguridade e limpeza que fixo posible o desenvolvemento desta tradicional carreira nun ambiente tan positivo, malia as condicións meteorolóxicas adversas.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…