-->

Padrón celebrará este luns 14 de abril a segunda edición do Día da Memoria Democrática Padronesa

  • O acto terá lugar no auditorio municipal a partir das 18:00 horas

  • Contará coa participación da Banda Municipal de Padrón, a lectura de textos por parte da asociación feminista Moradaura e a actuación do dúo de acordeóns Ad Libitum

  • Ofrecerase unha homenaxe a Alberte de Esteban Gracia

 

O Concello de Padrón celebrará este luns 14 de abril a segunda edición do Día da Memoria Democrática Padronesa, un evento institucional creado en 2024 para honrar ás vítimas da represión franquista e promover valores como a xustiza e a liberdade.

O acto, que se celebra no Auditorio Municipal ás 18:00 horas, contará coa participación da Banda Municipal de Padrón, a lectura de textos por parte da asociación feminista Moradaura e a actuación do dúo de acordeóns Ad Libitum, que xa estivera presente na primeira edición interpretando pezas emblemáticas como ¡Ay, Carmela! ou o Himno de Riego. A cita inclúe tamén un acto institucional no que intervirá o alcalde, Anxo Arca, acompañado da corporación municipal.

A celebración deste ano chega poucos días despois de que o pleno da corporación aprobase a proposta do goberno local para retirar os recoñecementos honoríficos concedidos a Francisco Franco no ano 1945. Esta decisión, adoptada en cumprimento da Lei de Memoria Democrática, supón o inicio dun plan para a retirada gradual da simboloxía franquista que aínda persiste en distintos puntos do municipio como parte dun compromiso máis amplo co recoñecemento das vítimas e coa recuperación da memoria histórica.

O I Día da Memoria Democrática celebrouse o pasado ano no Xardín Botánico-Artístico con grande acollida por parte da veciñanza. Aquel acto incluíu unha homenaxe a Xosé García Lapido e Xosé Luís Amigo, referentes da loita pola liberdade e a memoria en Padrón. Nesta ocasión ofrecerase un recoñecemento a Alberte de Esteban Gracia, un dos grandes referentes do movemento anarcosindicalista e da educación na lingua e literatura galega, que exerceu tamén como profesor no IES Macías o Namorado de Padrón.

O Concello convida á todas as persoas a participar neste acto colectivo de memoria, co que Padrón continúa avanzando na dignificación das vítimas e na recuperación da nosa historia común.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…