-->

Padrón celebra o domingo 20 de abril a súa tradicional Feira Cabalar da Pascua

  • O evento conta cunha ampla programación de concursos morfolóxicos, exhibicións e un gran espectáculo ecuestre

  • Repartiranse máis de 3.000 euros en premios nos concursos morfolóxicos

cartel feira cabalar pascua 2025

O Concello de Padrón acollerá o domingo 20 de abril a súa tradicional Feira Cabalar da Pascua, unha cita centenaria que se consolida como unha das máis relevantes no calendario ecuestre galego. Centos de gandeiros, criadores, afeccionados e visitantes reuniranse no Campo da Barca para participar nun evento que combina tradición, competitividade e espectáculo.
A xornada arrancará ás 9:30 horas coa retirada de dorsais na mesa da organización para os concursos morfolóxicos de todas as razas, que comezarán a partir das 10:00 horas. As probas están organizadas pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego (PRG) e repartirán máis de 3.000  euros en premios.
Os concursos serán puntuables para a XXIV Copa Galicia PRG nas categorías de sementais e eguas maiores de tres anos, e incluirán tamén competicións para cabalos e eguas cruzadas, ponis e exemplares de Pura Raza Árabe. Estes últimos contarán cunha dotación económica especial, con premios de ata 170 euros para os primeiros clasificados.
Entre os concursos destaca tamén a sección de ponis, pensada especialmente para fomentar a participación de mozos e mozas, con premios de 50 euros para os cinco primeiros.
A partir das 13:00 horas, o público poderá gozar dun gran espectáculo ecuestre con exercicios de doma de alta escola, doma á vaqueira, redeas longas, fantasías ecuestres, doma en liberdade e coreografías con cabalos de Pura Raza Española, Lusitanos, Shetland e Pura Raza Galega. Esta exhibición conta coa colaboración da sección de doma de Alta Escola de Galicia da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.
A organización lembra que todos os équidos participantes deberán presentar a documentación identificativa e sanitaria esixida na comunidade autónoma de Galicia, así como cumprir as obrigas establecidas en materia de responsabilidade civil. Os animais deberán estar atendidos polos seus propietarios en todo momento, e só poderán acceder á pista de exhibicións os exemplares participantes, permanecendo o paso ao público estritamente prohibido.
A Feira Cabalar da Pascua de Padrón continúa a consolidarse como un escaparate de excelencia do sector equino galego, atraendo a criadores e afeccionados de toda Galicia nunha xornada que mantén vivo o espírito e o prestixio desta histórica tradición.
 
 20240331 Padron Pascua Feira Cabalar concursos morfoloxicos 16
 
PROGRAMA DE CONCURSOS E EXHIBICIÓNS
 
Domingo de Pascua. 20 de abril
 
09:30 horas.- Retirada de dorsais na mesa da organización para os concursos morfolóxicos de todas as razas (inscrición realizada previamente).
10:00 horas.- Concurso morfolóxico puntuable para a XXIV Copa Galicia PRG, sección sementais maiores de tres anos, inscritos no libro de rexistro xenealóxico da raza.
10:20 horas.- Concurso morfolóxico puntuable para a XXIV Copa Galicia PRG, sección eguas maiores de tres anos, inscritas no libro de rexistro xenealóxico da raza. 
10:40 horas: Concurso Morfolóxico de Cabalos Cruzados, sección cabalos maiores de 3 anos. 
11:00 horas: Concurso Morfolóxico de Eguas Cruzadas, sección éguas maiores de 3 anos.
Os premios nestas 4 categorías son de 150 euros para o primeiro, 90 euros para o segundo, 80 euros para o terceiro e 70 euros para o cuarto. 
11:20 horas: Concurso Morfolóxico de Ponis (machos e femias xuntos). Poderán participar ponis de todas as razas, dándolle preferencia aos presentadores mozos (nenos e nenas). Os cinco primeros recibirán un premio en metálico de 50 euros. 
11:40 horas: Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas (machos e femias xuntos). Os premios son 150 € para o primeiro, 110 € para o segundo e 90 € para o terceiro. 
12:00 horas: Concurso Morfolóxico de Eguas Pura Raza Árabe P.R.Á. Sección éguas maiores de 3 anos.
12:30 horas: Concurso Morfolóxico de Cabalos Pura Raza Árabe P.R.Á. Sección cabalos maiores de 3 anos.
Os premios nestas dúas categorías son 170 € para o primeiro, 120 € para o segundo e 110 € para o terceiro. 
 
A Feira Cabalar inclúe ás 13:00 horas un Gran espectáculo de doma no que se poderá gozar cos exercicios de doma de alta escola, doma á vaquera, redeas longas, fantasías ecuestres, doma en liberdade, coreografías e danza con cabalos de pura raza Española, Lusitanos, Shetland e Pura Raza Galega. Esta actividade conta coa colaboración especial da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. 
 
 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…