-->

O Torneo de Chave das Festas de Pascua de Padrón celebrarase do 23 ao 25 de abril

  • A competición contará cunha fase clasificatoria, unha fase final e unha edición infantil para menores de 16 anos 

  • As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o mércores 23 de abril ás 14:00 horas

cartel chave pascua 2025

O tradicional Torneo de Chave, unha das citas máis esperadas dentro da programación das Festas de Pascua de Padrón, celebrará a súa undécima edición entre os días 23 e 25 de abril no paseo do Espolón.

A competición, de carácter individual, contará cunha fase clasificatoria os días 23 e 24 de abril a partir das 18:00 horas, mentres que a fase final terá lugar o venres 25 de abril. Ese mesmo día disputarase tamén o campionato infantil, dirixido a rapazas e rapaces menores de 16 anos, que se desenvolverá entre as 17:00 e as 18:00 horas.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o mércores 23 de abril ás 14:00 horas na oficina de deportes do Centro Social ou chamando aos teléfonos 664 07 69 74 ou 660 977 037.

Na edición de 2024 non houbo sorpresas e Ciríaco proclamouse campión do torneo, seguido de Luis e Ángel, nunha competición que contou con 24 xogadores e unha xogadora. O torneo infantil tamén tivo unha ampla participación, con 16 nenos e nenas, o que confirma o relevo xeracional desta práctica tradicional.

O Torneo de Chave das Festas de Pascua de Padrón segue consolidándose como unha cita destacada dentro do programa festivo, combinando competitividade, tradición e participación interxeracional.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…