-->

Padrón festexa o Mes do Libro con obradoiros, un contacontos e unha solta de exemplares

  • Desbotar os mitos asociados á alimentación e a banda deseñada centrarán os talleres

  • As actividades son gratuítas e precisan inscrición previa

  • A Biblioteca acolle todo o mes unha exposición de viñetas de Castelao para lembrar o 75 aniversario do seu pasamento

 

O Concello de Padrón inclúe obradoiros, un contacontos e unha solta de libros na súa programación de Abril, Mes do Libro. Ademais, durante todo abril poderase ver na biblioteca unha mostra de viñetas de Castelao.

As actividades destinadas a conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, iniciaranse o mércores 9 co obradoiro Alimentos baixo a lupa, a ciencia que nutre!, unha proposta para familias realizada por Arenaria Coordinación e na que, ao longo de 90 minutos, as persoas participantes terán a oportunidade de adquirir coñecementos en nutrición e desenvolver un espíritu crítico ante moitos mitos asociados á comida. Algúns dos temas que se abordarán, baixo unha óptica científica, serán as graxas, os hidratos, os alimentos light, a lactosa ou o gluten. O obradoiro comezará ás 17.00 horas.

A programación continuará desenvolvéndose o venres 11 de abril cunha solta de libros. En colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado, deixaranse exemplares en distintos lugares do municipio para que a veciñanza poida levar gratuitamente aqueles que máis lle presten. Os libros son unha escolma de fondos da biblioteca e da Oficina Municipal de Voluntariado.

O martes 15 de abril haberá un novo obradoiro, que nesta ocasión terá como temática a banda deseñada. O debuxante e guionista Xosé Tomás encargarase de desenvolver unha sesión teórico-práctica na que as persoas asistentes, maiores de 12 anos, aprenderán diversos trucos da banda deseñada. A cita está fixada para as 17.00 horas.

Contos con xeito é o título do contacontos que Bea Campos levará a cabo o mércores 23, tamén a partir das 17.00 horas. Destinado a público infantil a partir de 3 anos, consistirá na narración de historias tradicionais aderezadas cun chisco de medo e moito humor para espertar o riso.

Os obradoiros e o contacontos, todos eles gratuítos, precisan inscrición previa. Realizarase presencialmente na Biblioteca Municipal de Padrón ou por teléfono nos números 981 810 761 e 645 846 479.

O Concello de Padrón anima a toda a veciñanza a achegarse neste mes á Biblioteca para coñecer o seu amplo catálogo de lecturas. Ademais, ao longo de abril poderá desfrutar dunha mostra das viñetas satíricas de Castelao, iniciativa coa que se quere homenaxear o escritor e político rianxeiro cando se fan 75 anos do seu pasamento.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…