-->

O Concello de Padrón vivirá este domingo a maxia da Cabalgata de Reis

A comitiva real sairá da avenida de Compostela ás 17:00 horas cun percorrido que inclúe a visita ao Belén vivinte, ao Concello, ata chegar ao polideportivo do Souto || 

En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a Cabalgata adaptarase cun percorrido máis curto que inclúe unicamente a visita á igrexa de Santiago, entre as 17:00 e as 18:00 horas, e o fin de festa no pavillón ||

 

Se o tempo o permite, o Concello de Padrón celebrará este domingo, 5 de xaneiro, unha das datas máis esperadas do ano coa visita das Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar. A tradicional Cabalgata de Reis converterá as rúas da vila nun escenario de festa e alegría para veciños e visitantes, especialmente para os máis pequenos, que vivirán unha tarde inesquecible. 
A comitiva real dará comezo na avenida de Compostela ás 17:00 horas e percorrerá lugares icónicos como As Lágrimas e o paseo do Espolón, enchendo cada recuncho de música, aplausos e a ilusión propia desta festividade. Durante o percorrido, os Reis Magos achegaranse ao público para saudar, repartir doces e compartir momentos de proximidade coa veciñanza. 
Un dos actos centrais será a parada na igrexa de Santiago, onde as Súas Maxestades visitarán o tradicional Belén vivinte e participarán nunha solemne ofrenda ao neno Xesús. Este acto simbólico pon de manifesto os valores de solidariedade e unión que caracterizan estas datas tan especiais.
A continuación, Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos oficialmente polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, e pola Corporación Municipal no Concello. Tras esta benvida institucional, a xornada trasladarase ao polideportivo do Souto, onde os Reis atenderán as peticións e desexos da cativada, creando un espazo cheo de nervios, sorpresa e ilusión.
 
Pendentes das condicións meteorolóxicas  
Desde o Concello de Padrón infórmase de que se está a seguir de preto a evolución das previsións meteorolóxicas para garantir a seguridade e o desfrute de toda a veciñanza. En caso de condicións adversas, a Cabalgata adaptarase, realizando un percorrido máis curto que inclúe unicamente a visita á igrexa de Santiago, entre as 17:00 e as 18:00 horas, e o encontro cos nenos e nenas no polideportivo do Souto, a partir das 18:00 horas, onde haberá animación e troula para todas as persoas que asistan.
 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…