-->

Medio milleiro de persoas de todas as idades participaron na San Silvestre padronesa

Cada participante aportoulle a Cáritas un quilo de alimentos non perecedoiros para distribuír entre as familias vulnerables  ||  

O alcalde, Anxo Arca, estivo presente na saída da proba non competitiva  ||  

Un chocolate con churros axudou os atletas e os ciclistas a repoñer forzas tras os case seis quilómetros de percorrido  ||  

 

20241231 Padron San Silvestre con 500 participantes 10

Medio milleiro de persoas de todas as idades participaron o 31 de decembro na I San Silvestre padronesa que organiza o Concello de Padrón. A afluencia nesta proba non competitiva desbordou as previsións da organización, que lle entregou un gorro vermello a modo de agasallo ás primeiras catrocentas persoas inscritas.

O bo ambiente e as ganas de despedir o 2024 facendo algo de deporte animou a atletas e ciclistas a percorrer os case seis quilómetros desta proba, que unhas persoas fixeron correndo, outras andando e algunhas tamén en bicicleta.

O alcalde, Anxo Arca, achegouse a dar a saída no paseo do Espolón xunto á concelleira Mariló Saco. O edil de Deportes, Luis Mariño, e a de Turismo, Chus Campos, animáronse a correr na proba. O primeiro tramo da San Silvestre padronesa pasou polas rúas do casco histórico padronés.

20241231 Padron San Silvestre con 500 participantes 18

Ao rematar, o Concello ofreceulle ás persoas participantes un chocolate quente con churros, que axudou a repoñer forzas na derradeira e soleada tarde do ano 2024.

Todas as persoas participantes doaron un quilo de alimentos non perecedoiros que Cáritas de Padrón distribuirá entre as familias vulnerables do municipio.

Podes ver un vídeo resumo da proba neste enlace (preme aquí)

20241231 Padron San Silvestre con 500 participantes 25

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…