-->

Padrón goza co espectáculo aéreo Inanna nun sábado cheo de actividades de Nadal

Acrobacias e 15 metros de altura mesturáronse con malabares e fogos cativadores en Fondo de Vila  ||  

A Coral Polifónica Padronesa, a Polifónica de Lalín e a Rondalla de Cariño participaron no Festival de Panxoliñas  ||  

Os Trasnos de Papá Noel encheron de música as rúas do casco histórico  ||  

Os torneos de chave e de xadrez completaron a oferta deportiva dunha intensa xornada  ||  

20241221 Padron  espectaculo aereo INANNA 9

 

As acrobacias aéreas e os malabares e fogos cativadores do espectáculo Inanna fixeron gozar este sábado a padroneses e padronesas nunha xornada chea de actividades de Nadal, na que tamén se celebraron o festival de panxoliñas e os torneos de chave e de xadrez.

A deusa do amor, da vida, da luz e herdeira do reino dos ceos, bailou suspendida a máis de quince metros de altura baixo unha gran flor iluminada, nun espectáculo que fixo gozar as persoas de todas as idades que se congregaron en Fondo de Vila. 

Se sorprenderon as piruetas no aro ou nas cintas de tea que colgaban da flor cunha inmens agrúa mantiña por riba dos edificios, non  menos espectaculares foron os malabares e fogos cativadores cos que unha parella sorprendía dende a rúa ao público presente.

Ao rematar este espectáculo, que fora suspendido o pasado 1 de decembro polo mal tempo, os Trasnos de Papá Noel encheron de música as rúas de Padrón, animando a bailar a pequenos e maiores.

Podes ver o album de fotos do espectáculo na páxina de Facebook do Concello de Padrón (neste enlace)

20241221 Padron festival panxolinhas 2

Case ao mesmo tempo que a música de Nadal soaba nas rúas, as panxoliñas deixábanse oi no auditorio municipal, no XXXVI Festival de Panxoliñas e Polifonía. Nestes concerto participaron a Asociación Cultural Rondalla de Cariño, a Coral Polifónica de Lalín e a Coral Polifónica Padronesa, e rematou coas tres agrupacións enriba do escenario para cantar xuntas Adeste Fideles.

Fotos do Festival de Panxoliñas neste enlace (preme aquí).

 

Chave e xadrez

20241221 Padron torneo nadal Chave 1

A intensa xornada deste sábado completouse coas actividades deportivas. Pola mañá, unha 60 persoas participaban no Torneo de chave de Nadal. Chema, Nani e Andrés foron os gañadores desta sexta edición do torneo.

A tenente de alcalde, Chus Campos, e o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, entregaron os trofeos aos gañadores e tamén os agasallos de Nadal que se sortearon entre todos os participantes. (Album de fotos neste enlace).

20241221 Padron Torneo Xadrez Rosalia Castro 10

Pola tarde, o protagonista foi o xadrez, coa celebración da segunda edición do. Torneo Rosalía de Castro Concello de Padrón. Un cento de xogadores e xogadoras de España e de Portugal participaron nesta proba, que se celebrou no pavillón do Souto. (Album de fotos neste enlace).

Os primeiros postos do ránking foron para Xullo de Prado, Diego Cacheiro, iván Andrés e Óscar de Prado. O alcalde, Anxo Arca, e a tenente de alcalde, Chus Campos, entregáronlle os premios aos gañadores. Os resultados e clasificacións pódense ver neste enlace (preme aquí).

20241221 Padron Torneo Xadrez Rosalia Castro 11

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…