-->

O Concello de Padrón convoca a XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro

  • O premio está dotado con 1.500 euros, un diploma acreditativo e a publicación da obra gañadora

  • Poderán presentarse obras inéditas en galego cun mínimo de 400 versos

  • O prazo de presentación vai do 3 de xaneiro ao 17 de marzo

 

O Concello de Padrón, en colaboración coa Casa de Rosalía, convoca a XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro. Este certame literario ten como obxectivo promover a poesía en lingua galega e renderlle homenaxe á escritora máis universal das nosas letras.

A participación está aberta a persoas de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas en galego, non premiadas noutros concursos. O tema e a forma poética son libres, mais os traballos deben contar cunha extensión mínima de 400 versos e presentarse en papel, con letra Arial tamaño 12, por quintuplicado e baixo o sistema de plica.

O prazo para o envío das obras comeza o 3 de xaneiro e remata o 17 de marzo de 2025. Deberán remitirse ao Concello de Padrón, Rúa Longa nº 27, 15900 Padrón (A Coruña), indicando no sobre "XI Premio de Poesía Rosalía de Castro".

O xurado, composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura galega e presidido polo alcalde de Padrón, dará a coñecer a obra gañadora antes do 17 de maio de 2025. O premio será entregado nun acto público que se celebrará en datas próximas ao Día das Letras Galegas.

A obra gañadora recibirá un premio único de 1.500 euros, un diploma acreditativo e será publicada na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.

As bases completas do certame poden consultarse nesta ligazón ou solicitando información no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981 811 329.

Na pasada edición, o gañador foi o pintor e poeta vilagarcián Xurxo Alonso García coa obra presentada baixo o lema Acta de sospeita.

Bases do XI Certame poético Rosalía de Castro

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…