-->

Padrón, Rois e Rianxo mandan tres camións con axuda humanitaria para as vítimas da DANA

Transportes Carnota González fai o traslado de xeito gratuíto e ten previsto chegar mañá a Alfafar e Aldaia

Anxo Arca e Ramón Tojo agradecen a colaboración da veciñanza e das empresas implicadas nesta iniciativa

 

Padron axuda valencia 2

 

Tres camións da empresa roisense Transportes Carnota González chegarán mañá as localidades valencianas de Alfafar e Aldaia con axuda humanitaria para as vítimas da DANA recollida polos concellos de Padrón, Rois e Rianxo. Arxo Arca e Ramon Tojo, alcaldes de Padrón e de Rois, respectivamente, agradecen a colaboración da veciñanza e das empresas implicadas con esta iniciativa

Produtos de limpeza, sanitarios e de hixiene persoal para o coidado de bebés e anciáns, alimentación non perecedoira para todas as idades; apeiros de limpeza e botas de auga, roupa, auga e leite conforman gran parte da axuda humanitaria que traslada ata Valencia de xeito gratuíto Transportes Carnota González.

Mario e Luis Carnota, propietarios da empresa  de transporte, explican que se ofrecen a trasladar o material ata Valencia, porque levan anos traballando nesa zona e teñen amizades.

Dous dos camións dirixiranse ao municipio de Alfafar. “Contactamos co alcalde e quedaron de esperarnos para organizar, dende o Concello, a descarga de dous camións para repartir a axuda entre a veciñanza”, sinala Mario Carnota. O outro tráiler dirixirase a un centro hípico de Aldaia, que está moi preto do centro comercial de Bonaire, engadiu o empresario roisense.

Ramón Tojo agradeceulle aos dous irmáns Carnota, así como ao resto da veciñanza, a súa colaboración desinteresada nuns momentos nos que tanta xente o está pasando mal.

Anxo Arca reiterou o agradecemento aos transportistas, e tamén a toda a veciñanza que colaborou coa iniciativa, destacando a implicación das empresas e entidades padronesas Almacenes Eladio, perruquería A de Aarón, Club Ciclista Padronés, Club Deportivo Sar, SD Esclavitud e a todas as persoas voluntarias que axudaron a recoller e clasificar o material.

GES de Padrón

Ademais desta axuda humanitaria, e respondendo ao chamamento realizado pola Federación Española de Municipios e Provincias para mobilizar recursos, a semana pasada trasladáronse a Valencia cinco efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón que estiveron a realizar achiques, limpezas, buscas e retiradas de vehículos na zona afectada pola DANA, entre outras tarefas.

20241108 Padron envia axuda DANA Valencia Transportes Carnota Gonzalez 2

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…