-->

Padrón e Rois celebran o Día da Bicicleta cunha homenaxe ás lendas do ciclismo

  • A actividade celébrase o sábado 24 de agosto e é aberta a todas as idades e niveis de experiencia

  • Renderase tributo aos tres ciclistas da comarca que participaron na Vuelta a España: Jesús Blanco Villar, José Manuel Oliveira e José Ángel Vidal 

  • A cita enmárcase dentro dos eventos previos á undécima etapa de La Vuelta que terá a saída e a chegada no Campus Tecnolóxico Cortizo o mércores día 28

20240824 cartel dia da bici

O Concello de Padrón e o Concello de Rois celebran de xeito conxunto o sábado 24 de agosto o Día da Bicicleta, unha celebración moi especial que renderá homenaxe a tres grandes figuras do ciclismo que levaron o nome da comarca ao máis alto na Vuelta a España: Blanco Villar, José Manuel Oliveira e José Ángel Vidal.

O evento, organizado en colaboración coa Deputación da Coruña e o Club Ciclista Padronés, pretende ser unha festa do deporte aberta a persoas de todas as idades e niveis de experiencia. En total percorreranse 15,5 quilómetros nun percorrido con saída e chegada no paseo do Espolón de Padrón e que contará cun avituallamento intermedio na praia fluvial de Seira, en Rois, onde os ciclistas poderán repoñer forzas antes de continuar a súa travesía.

Diseño sin título   2024 08 14T153153.475

A saída está programada para as 11:00 horas e todos os participantes recibirán agasallos. Ademais, ao finalizar o percorrido, sortearase unha bicicleta entre todos os asistentes, o que promete engadir un toque de emoción extra ao evento.

É importante lembrar que todos os menores de 11 anos deberán ir acompañados por un adulto, e que o uso do casco será obrigatorio para todos os participantes.

As inscricións realizaranse o mesmo día 24, entre as 9:45 e as 10:45 horas no punto de encontro do paseo do Espolón.

Esta xornada deportiva non só promove un estilo de vida saudable, senón que tamén serve para honrar o legado dos ciclistas que, co seu esforzo e dedicación, puxeron o nome de Padrón e de Rois no mapa do ciclismo nacional.

Este evento forma parte das actividades previas á undécima etapa da Vuelta Ciclista a España, que terá como punto de saída e chegada o Campus Tecnolóxico Cortizo o día 28 de agosto, un feito que subliña unha vez máis a tradición ciclista da comarca do Sar.

Para máis información sobre o evento, as persoas interesadas poden contactar co Centro Social de Padrón no teléfono 981 811 329 ou co Edificio Multiusos de Rois no teléfono 981 816 061.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…