-->

Herbón repartirá este sábado uns 1.500 quilos e 3.500 racións na XLIV Festa do Pemento

  • Alberto Félix Traversa Correa, co-edirector da revista La Alacena Roja, será o pregoeiro desta edición

  • A celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, contará un ano máis co desfile de tractores, a visita ao Concello de Padrón e a ofrenda floral á estatua da pementeira

2023 festa pemento1 (2)

Herbón repartirá uns 1.500 quilos e 3.500 racións na XLIV Festa do Pemento que se celebra este sábado 3 de agosto. Este evento, recoñecido como Festa de Galicia de Interese Turístico, honra aos famosos pementos de Padrón, un auténtico tesouro da gastronomía galega.

Os actos darán comezo ás 9:00 horas coa saída do pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Mersenarios e da charanga Noroeste. Ás 10:30 horas celebrarase unha misa campestre, que será seguida pola bendición e inauguración oficial da festa ás 11:00 horas. Media hora despois terá lugar a tradicional procesión agrícola motorizada, onde os tractores, numerados e decorados para a ocasión, desfilarán ata Padrón, onde entregarán un cesto de pementos ao alcalde, Anxo Arca, no concello e realizarán unha ofrenda floral á estatua da pementeira.

2023 festa pemento1 (1)

A celebración continuará ás 13:30 horas coa exaltación dos pementos de Padrón, un produto único e incomparable. Alberto Félix Traversa Correa, co-edirector da revista especializada La Alacena Roja, será o encargado de ler un pregón exaltando non só o valor gastronómico deste produto, senón tamén a súa relevancia cultural e histórica para a comarca.

Despois do pregón, terá lugar a entrega de premios aos tractores participantes na procesión, nun acto presentado por Héctor Bermúdez de Radio Valga. A continuación, todos os presentes poderán probar os deliciosos pementos de Herbón, cun total de 1500 quilos que se repartirán en aproximadamente 3500 racións. Para degustalos, as persoas asistentes deben comprar previamente un prato de barro de Buño conmemorativo da festa a un prezo de 5 euros. Tamén haberá unha polbeira na carballeira para aquelas persoas que o desexen.

A festa continuará todo do día cunha romaría animada tamén polo grupo Os Mersenarios e a charanga Noroeste.

A Festa do Pemento de Herbón é unha excelente oportunidade para gozar dun produto de excelencia, que conta con Denominación de Orixe Protexida, nun ambiente festivo e acolledor.

festa do pemento de herbon padron img1404n1t0

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…