-->

Padrón mantén aberto ata o día 19 o prazo 
para pedir subvencións para actividades culturais e festexos populares

As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello

Están destinadas a entidades públicas publicas ou privadas e agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen fins de lucro que desenvolvan actividades no municipio

 

O Concello de Padrón volveu lanzar a convocatoria pública de subvencións municipais para promocionar as actividades culturais e festexos populares en 2024 mediante o sistema de concorrencia competitiva. O Concello destina a estas subvencións nove mil euros.

Poden solicitar estas subvencións entidades publicas ou privadas e agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen fins de lucro que desenvolvan actividades no municipio dende o 1 de xaneiro deste 2024.

As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello, na que tamén se poderán consultar as bases.

Son subvencionables nesta convocatoria os gastos de organización e desenvolvemento de actividades concretas. A solicitude da subvención non poderá superar o 80% do orzamento de gastos previstos.

As bases desta convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (consultar neste enlace).

A solicitude das axudas poderá facerse ata o 19 de xuño, a través da sede electrónica do Concello de Padrón (neste enlace).

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…