-->

Arañeira, O Secreto e Estornela premiados como locais mellor engalanados na Feira Medieval de Padrón, que encheu as rúas de animación

A tenente de alcalde Chus Campos e o concelleiro Luis Mariño deron a coñecer o nome dos gañadores a última hora da tarde  ||  ||
Os espectáculos de lume do sábado e domingo fixeron gozar a milleiros de persoas  ||  
A feira tivo récord de asistencia este ano con máis de 120 postos de artesanía e outros 30 en lista de agarda  ||  

20240707 Padron Feira Medieval Secreto 

O espectáculo de lume Andanadas puxo este domingo o broche de ouro a unha Feira Medieval de Padrón que encheu as rúas do casco histórico de actividades e milleiros de persoas que gozaron cunha ampla oferta de actividades. O comercio local tamén se implicou nesta edición. A media tarde, a tenente de alcalde Chus Campos e o concelleiro Luis Mariño daban a coñecer o nome dos tres establecementos mellor engalanados durante a XVII Feira Medieval. O primeiro premio foi para Arañeira Informática, o segundo posto levouno Restaurante O Secreto e Deportes Estornela recibe o terceiro galardón.
Chus Campos, Luis Mariño e Begoña Isorna, responsable de Iacobus Xestora de Eventos (empresa que coordinou a Feira Medieval) entregábanlle o seu premio á propietaria do Restaurante O Secreto. Ao estar pechadas este domingo, os representantes de Arañeira Informática e Deportes Estornela recibirán o seu galardón mañá, luns.
Despois dun intenso día de actividades, que comezou cun concorrido photocall na praza Rodríguez Cobián, o espectáculo de acrobacias e lume Andanadas poñía o colofón a unha intensa fin de semana. Precisamente o lume foi un dos protagonistas desta décimo sétima edición da Feira Medieval de Padrón. O sábado pola noite, a compañía Troula fixo gozar a padroneses e visitantes no seu percorrido polas rúas do casco histórico cos diaños e o lume como protagonistas. Tamén na praza de Macías Bambolea Producciones facía unha exhibición de acrobacias moi aplaudido polas persoas asistentes.
A sorpresa saltaba  pouco antes da medianoite do sábado, cando se proxectaba un vídeo sobre a fachada do convento do Carme no que lume, cabaleiros e dragóns foron os protagonistas, e que se puido contemplar de xeito ininterrompido ata a unha da madrugada.
Postos de artesanía e alimentación, música e vivo e numerosas actividades foron as protagonistas do fin de semana en Padrón, nunha Feira Medieval con récord de asistentes (máis de 120 postos e 30 en lista de agarda) que serve para dinamizar o turismo e o comercio local, coa visita de milleiros de persoas durante os tres días. Unha vez pechadas as portas, a organización comeza xa a traballar na edición do vindeiro ano.

20240707 Padron Feira Medieval Aranheira

20240707 Padron Feira Medieval estornela

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…