-->

Abel Caballero abre as Festas de Pascua cun pregón que tende pontes entre Padrón e Vigo

“Rosalía de Castro escribiu a súa poesía en Padrón e editou ‘Cantares Gallegos’ en Vigo, asegurou o alcalde olívico  ||  

Centos de persoas seguiron a intervención na praza de Macías, nun acto presentado por Belén Xestal  ||  

La Misión e o grupo local Unión y Fuerza ofreceron os primeiros concertos dunhas festas que apostan por darlle protagonismo á música galega e as voces femininas  ||  

A tradicional Feira Cabalar e o concerto de Fillas de Casandra son os principais atractivos da programación do Domingo de Pascua  ||  

 20240330 Padron Pascua PREGON Abel Caballero 18

Padrón iniciou hoxe de xeito oficial a semana grande da Pascua, “unhas festas chea de identidade popular e moi queridas por tanta xente en toda Galicia”, dixo o pregoeiro, Abel Caballero. O alcalde de Vigo achegouse ata a capital do Sar disposto a “tender pontes, de cristal ou de pedra como os romanos”, entre as dúas localidades, como fixo unha das figuras máis ilustres da literatura galega.

“Rosalía de Castro uniu Vigo e Padrón escribindo a súa poesía en Padrón e editando Cantares Gallegos en Vigo”, asegurou Abel Caballero nun pregón que xuntou a centos de persoas na praza de Macías e co que se inauguraron as festas dun xeito oficial. O pregoeiro estivo acompañado polo alcalde local, Anxo Arca, membros do goberno e da Corporación padronesa e autoridades da comarca, nun acto que presentou a comunicadora padronesa Belén Xestal. Antes do pregón, Abel Caballero asinou no Libro de Honra do Concello.

 20240330 Padron Pascua PREGON Abel Caballero 11

Despois do pregón, que estivo animado tamén pola música de DJ Espiño, a orquestra La Misión e o grupo padronés Unión y Fuerza ofreceron os primeiros concertos dunhas festas que apostan pola música galega e por darlle protagonismo ás voces femininas, con actuacións para todos os gustos e todas as idades.

Mañá, Domingo de Pascua, a tradicional Feira Cabalar (que se volve celebrar no Campo da Barca) e o concerto de Fillas de Cassandra (22.30 horas) son os principais atractivos dun amplo e variado programa. Pola mañá actuará a Banda Municipal de Música de Padrón e o grupo folclórico San Pedro de Carcacía e, pola noite, actuarán as orquestras Miramar e Capitol, ademais do dúo galego de moda este ano.

Ademais da centenaria Feira Cabalar de Pascua, o Concello de Padrón organiza (de 10.00 a 14.00 horas) os tradicionais concursos morfolóxicos nos que se repartirán máis de 3.500 euros en premios e que este ano corren a cargo da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Pola tarde haberá unha exhibición de doma de alta escola (17.00 horas).

 20240330 Padron Pascua Sabado tarde Feira Maquinaria 5

Ao lado da gardería municipal poderase visitar a Feira de exposición de maquinaria agrícola e industrial, que inauguraron este sábado a tenente de alcalde, Chus Campos, e a concelleira de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, Ana Castro.

Para garantir unhas festas libres de violencia, o Concello de Padrón contará cun Punto Lila no paseo do Espolón, entre as 22.00 e ás 04.00 horas dende hoxe (sábado) e ata o vindeiro luns (día 1). O punto lila tamén estará operativo o vindeiro fin de semana, durante a celebración da Pascuilla, coa que se pecharán as festas deste ano.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…