-->

‘Cor café’, ‘As catrinas de Baroña’ e ‘Un barrio de Colombia’, mellores comparsas nun Entroido de Padrón coas rúas cheas de xente

As comparsas locais ‘Voda na Carballeira’ e ‘Habelas Hainas’ moi aplaudidas polo público  ||  

Máis de 700 persoas participaron no desfile  ||  

 

15 20240217 Padron desfile de Entroido ganadores 21

Padroneses en veciñanza da contorna encheron onte as rúas de Padrón para ver un desfile de Entroido no que máis 700 persoas amosaron a súa imaxinación e ganas de pasalo ben, con coloridos disfraces e música para todos os gustos. Os seis membros do xurado non o tiveron fácil para decidir os gañadores nas diferentes categorías.

Cor café. Viaje a ciudad Esmeraldade Pontevedra, foi a comparsa gañadora na categoría de máis de 20 membros, seguida de As catrinas de Baroña Un barrio de Colombia, de Poio, que quedou no terceiro posto.

Na categoría de comparsa ata 20 membros, Botou o mar fora foi o grupo que gañou o primeiro posto, seguida do particular tributo a Las más grandes (Lola Flores, Rocío Jurado, Marujita Díaz e María Jiménez), que non deixaron de cantar en todo o percorrido. O terceiro posto nesta categoría foi para Excursión a Benidorm, un xeito moi especial de entender a coñecida ‘operación biquini’.

10 20240217 Padron desfile de Entroido ganadores 13

voda na Carballeira, unha celebración por todo o alto e na que non faltou de nada, nin o arcebispo nin unha boa tarta, permitiulle a Asociación A Carballeira gañar o primeiro premio na categoría de comparsas locais de máis de dez membros, na que tamén competiron un nutrido grupo de aprendices de bruxas baixo o nome de Habelas Hainas, que levou o segundo premio.

Nas categorías individual e parella, os participantes amosaron unhas grandes doses de imaxinación e meticulosidade para presentar uns disfraces e caracterizacións moi chamativos. Na categoría invidual infantil as gañadoras foron Contigo aprendín, Costureira do S. XV e A raíña do espazo. Na de adultos, O embaixador das 4R, O monte en festa e Reina Fantasíalevaron, por esta orde, os tres primeiros premios.

No relativo ás parellas, o xurado deulle a máxima puntuación a Os Espantallos, Tíos vivos máxicos e Cisne blanco Cisne Negro.

Rematado o desfile e a entrega de premios, na que o Concello de Padrón repartiu máis de 5.400 euros entre os gañadores, o Entroido continuou na vila coa Festa de Piñata, cos concertos de Somoza Trío, DJ Rokiño e DJ Casanova.

Album de fotos do desfile na páxina de Facebook do Concello de Padrón (neste enlace. Preme aquí).

11 20240217 Padron desfile de Entroido ganadores 12

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…