-->

Anxo Arca resalta a colaboración intermunicipal nos PIE para que “toda a cidadanía poida atopar un emprego”

Padrón participa no Programa Integrado de Emprego do Concello de Dodro xunto a outros cinco municipios da contorna  ||  

O alcalde agradécelles ás empresas “a súa disposición para ofrecer prácticas e contratos de traballo dignos ao alumnado”  ||  

Ata o mes de novembro formaranse 100 persoas desempregadas de Padrón, Rois, Dodro, Pontecesures, Valga e Catoira  ||  

 

20240212 Padron Rois PIE Programa integrado emprego Inauguracion 1

O alcalde de Padrón destacou a importancia de manter a colaboración intermunicipal para axudar a que “toda a cidadanía poida atopar un emprego, que nos axuda a poñer en marcha o noso programa de vida”. Anxo Arca fixo estas declaracións na inauguración do Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello de Dodro 2023-2024, no que recibirán formación un cento de persoas desempregadas de seis concellos da contorna, 26 delas de Padrón. 

A presentación do PIE celebrouse esta mañá no salón de Plenos do Concello de Pontecesures e á mesma asistiu Anxo Arca, xunto coa alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino; o alcalde de Dodro, Xabier Castro; o alcalde de Rois, Ramón Tojo; o alcalde de Catoira, Xoán Xosé Castaño; e o concelleiro de Cultura e Xuventude de Valga, Pedro Calvo. O evento contou tamén coa presenza de membros do equipo docente e do alumnado. Todas as autoridades animaron o alumnado a aproveitar esta etapa de formación para mellorar a vida.

Este programa, que conta coa participación dos concellos de Padrón, Valga, Rois, Catoira, Pontecesures e Dodro, ten por obxectivo mellorar a empregabilidade de persoas en situación de desemprego na zona, especialmente ás mulleres (son 74 alumnas fronte a 26 homes) e a  maiores de 45 anos (idade que supera o 58% do alumnado). De Padrón formaranse neste PIE 16 mulleres e 10 homes. 

O programa ten unha clara orientación cara á inserción laboral, coa meta de alcanzar un 37% de éxito nesta área. Porcentaxe que se vén superando nas oito edicións xa celebradas do PIE. Máis do 40% do alumnado que asistiu o pasado ano ao programa integrado de emprego asinou un contrato de traballo.

Na súa intervención, Anxo Arca tivo tamén palabras de agradecemento para “as empresas que colaboran e son receptivas con estas iniciativas”, tanto ofertando prácticas como, despois, ofrecéndolle un posto de traballo a moitas das persoas que se forman no PIE. “Agardamos que este ano tamén ocorra o mesmo e moitos e moitas de vós atopedes un emprego de calidade”, asegurou o rexedor padronés.

Financiado pola Xunta de Galicia con 200.000 euros, o PIE desenvolverase ata novembro de 2024 e ofrece diferentes accións encamiñadas a acadar a inserción laboral das persoas participantes. Desde información e asesoramento laboral personalizado ata formación nos sectores con máis demanda de traballo, como loxística e comercio, hostalería e turismo, industrias alimentarias, fabricación mecánica, téxtil, servizos comunitarios ou agrario e forestal. Tamén inclúe talleres de coaching, intelixencia emocional e habilidades sociais, así como a realización de prácticas non laborais.

Durante a presentación, o alcalde de Dodro, Xavier Castro, e o de Rois, Ramón Tojo, destacaron “a importancia da colaboración entre os concellos para promover o emprego e o desenvolvemento na comarca”. Xavier Castro lembrou que esta é a novena edicións dos programas integrados de emprego que no seu día puxeron en marcha Dodro, Padrón e Rois e logo se ampliou a Pontecesures Valga e Catoira (na edición do ano pasado o sexto concello participante foi o de Rianxo).

20240212 Padron Rois PIE Programa integrado emprego Inauguracion 8

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…