O Concello de Padrón vai recibir unha subvención de 15.000 euros da Deputación da Coruña para o mantemento do persoal técnico de deportes con titulación universitaria durante o presente exercicio 2022.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicaba onte a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello de Padrón ao abeiro da convocatoria do programa FO106: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais dde Deporte en 2022.
Podes consultar a resolución do BOP nesta ligazón.
Galego
Español 



