-->

Coas prazas de adultos esgotadas, a inscrición da 10K segue aberta ata o mércores para escolares

  • A proba desputarase o sábado con saída e meta no Campo do Souto padronés //

  • A saída farase de forma gradual e abrirán a xornada deportiva os pitufos ás 16.00 horas //

  • A proba absoluta para as distancias de 5 e 10 quilómetros comezará ás 17:30 horas //

O vindeiro mércores 2 de febreiro pecharase o prazo de inscrición para participar na 10K de Padrón, que chegará o sábado á súa décimo novena edición. Coas 300 prazas para persoas adultas xa esgotadas, as inscricións continúan abertas unicamente para escolares (dende pitufos a sub 16) na páxina web de Emersports.

A carreira terá como punto de saída e chegada o Campo do  Souto e os participantes nas distintas categorías irán saíndo de forma gradual. Abrirán a proba os pitufos ás 16:00 horas, seguidos dos prebenxamíns ás 16:10 horas. Estas dúas categorías non son competitivas.

A continuación tomarán a saída os corredores da categoría sub 10, que o farán ás 16.20 horas para correr 400 metros; os da sub 12, que comezará ás 16.30 horas e correrán un quilómetro; e os da sub 14 e da sub 16, que arrancarán ás 16.45 horas e farán un percorrido aproximado de 3,3 quilómetros.

Xa por último, sairán ás 17:30 horas todas as mulleres e homes da proba absoluta. Os sub 18 correrán 5 quilómetros e serán os sub 20, sub 23, sénior e máster os que fagan os 10 quilómetros. Os circuítos de ámbalas probas, 5K e 10K, están homologados pola Federación Española de Atletismo e as marcas rexistraranse nos rankings oficiais de senllas distancias.  

A recollida de dorsais desenvolverase o propio sábado 5 de febreiro no pavillón do Souto entre as 11.30 e as 13.00 horas pola mañá e a partir das 15.00 horas ata media hora antes do inicio de cada proba.  

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…