-->

A Tarxeta Xente Nova ofrece 60 viaxes interurbanas gratis cada mes por toda Galicia a menores de 21 anos

O Concello de Padrón informa de que todos os rapaces e rapazas do municipio entre 4 e 20 anos poden obter a Tarxeta Xente Nova (TXN) que lles permitirá facer ata 60 viaxes interurbanas gratist por toda Galicia. Esta tarxeta de Transporte de Galicia permítelles viaxar de balde no transporte público interurbano dependente da Xunta de Galicia, sexa cal sexa a súa orixe ou destino. Unha gratuidade que tamén se extende aos barcos que conectan Vigo con Cangas e Moaña, así como ao tren metropolitano de Ferrol.

A tarxeta é totalmente de balde, se ben ten que ser cargada cos cartos precisos para facer as viaxes. Cada 15 días, a Xunta reembolsará á persoa usuaria da TXN o importe de todas as viaxes realizadas, ata ese máximo de 60 viaxes mensuais.

A tarxeta pode solicitarse en Abanca. Para iso, primeiro hai que solicitar cita previa neste enlace. Despois pode recargarse en calquera caixeiro de Abanca ou mesmo a través do móbil ou de ordenador. Mäis información en: https://www.bus.gal/gl/xente-nova

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…