-->

O Concello de Padrón suspende a Festas da Pascua 2020 polo estado de alarma decretado para frear a expansión do COVID-19

O Concello de Padrón suspende a celebración das Festas da Pascua de 2020 en base ao establecido no Real Decreto 463/2020 mediante o que se declara o estado de alarma pola crise sanitaria derivada da propagación do virus COVID-19. No Real Decreto especifícase a obrigación de suspender as verbenas, os desfiles e as festas populares. En consecuencia tamén se suspende o procedemento de licitación para o outorgamento das licenzas de uso das parcelas de dominio público municipal no Campo do Souto e no Paseo do Espolón e rúas próximas para a instalación de atraccións feirais. 

A resolución farase pública no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, no Taboleiro de anuncios da Casa do Concello, no Taboleiro de anuncios electrónico e na páxina web. Consulta aquí o decreto municipal. 

 

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…