-->

Padrón celebrará a festividade de San Xoán do Raio coa tradicional comida de confraternidade

  • O luns 6 de maio homenaxearase ao patrón coa recepción de autoridades, o procesión do santo e a misa solemne na igrexa de Santiago

  • A Coral Val do Sar e o Tuna de Veteranos da Coruña amenizarán os actos

  • Os maiores empadroados na vila poden retirar as invitacións no Centro Social cun custo de 10 euros 

  • O prezo para o resto das persoas é de 39 euros

  • A orquestra Os Satélites poñerán o fin de festa ás 20.00 horas no campo do Souto

 

O Concello de Padrón celebra o luns 6 de maio a festividade de San Xoán do Raio cumprindo así cunha tradición que se remonta ao ano 1613.

Os actos oficiais en homenaxe ao patrón comezarán ás 11.45 horas coa recepción de autoridades na casa consistorial e a posterior procesión do santo dende o Concello ata a igrexa de Santiago. A misa solemne que se celebra as 12.00 horas contará co acompañamento musical da Coral Val do Sar.

Despois da misa, os actos trasladaranse á praza de Macías onde actuará a Tuna de Veteranos da Coruña.

A festividade de San Xoán do Raio inclúe, como é tradición tamén, o xantar de confraternidade para a terceira idade no restaurante do Hotel Scala.

Para poder asistir cómpre retirar a invitación antes do 3 de maio no Centro Social. Os prezos para os empadroados en Padrón é de 10 euros que se ingresarán na conta que se facilitará no momento da inscrición. No caso das persoas non empadroadas o xantar terá un custo de 39 euros e deberán retirar as invitación no hotel Scala.

Para poder asistir á edición número 32 desta tradicional comida de confraternidade para os maiores de 60 anos haberá un servizo de autobuses que pasará polas paradas de transporte escolar a partir das 11.00 horas. O regreso será ás 19.00 horas.

A actuación da orquestra Os Satélites no campo do Souto servirá como colofón á festa a partir das 20.00 horas.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…