-->

Ramón Fernández gaña a Clásica de Pascua, na que o equipo Cortizo logra os 7 primeiros postos

O asturiano que milita no club padronés gañou tamén as metas voantes  ||  

Marc Torres quedou segundo e o ribeirense Alejandro Paz foi o terceiro clasificado  ||  

O maillot de sprints especiais foi para Andrés Ripoll e o da montaña para Samuel Flores  ||  

Ramón Fernández, en elite, e Marc Torres, en Sub-23, son os primeiros líderes da Copa Galicia  ||  

20240406 Padron Pascua Clasica Pascua Ciclismo 1

 

O Club Ciclista Padronés Cortizo non deu tregua e impúxose con rotundidade na 61 edición da Clásica de Pascua ao conseguir os sete primeiros postos da clasificación xeral dunha proba na que Ramón Fernández foi o líder absoluto, ao rematar na liña de meta unha escapada de case corenta quilómetros. Marc Torres e o ribeirense Alejandro Paz Alborés acompañárono no podio.

Este resultado converte ao propio Ramón Fernández (na categoría elite) e a Marc Torres (en Sub-23) nos primeiros líderes da presente edición da Copa Galicia. O secretario da Federación Galega de Ciclismo entregoulles os correspondentes maillots aos corredores do CC Padronés Cortizo.

20240406 Padron Pascua Clasica Pascua Ciclismo 14

Nas clasificacións especiais o gañador da proba levou tamén o premio de metas voantes; Samuel Flores o premio da montaña e o corredor do equipo High Lever Andrés Ripoll recibiu o maillot dos sprints especiais. Cos sete primeiros postos na xeral, o Padronés Cortizo foi o gañador na clasificación por equipos

Na 61 Clásica de Pascua Memorial F. Rodríguez Pazos participaron 103 corredores das categorías elite e Sub-23, que percorreron 131 km polos municipios de Padrón, Dodro, Rianxo e Rois. Os altos de Bexo, O Palleiro, Formarís e o de Augasantas foron puntuables para o premio da montaña, que gañou o ciclista colombiano do equipo padronés Samuel Flores.

Na entrega de premios participaron os alcaldes de Padrón, Anxo Arca; Rois, Ramón Tojo, e Dodro, Xabier Castro; o director de marketin de Cortizo, Javier Figueroa; e os concelleiros José Luis Mariño e Chus Campos (Padrón) e José Luis Ares (Rois).

20240406 Padron Pascua pasarruas Arreixeira 2

Arreixeira e Os Bugis

A Clásica de Pascua foi un dos atractivos da programación do sábado de Pascuilla, que se celebra durante as Festas de Pascua que organiza o Concello de Padrón. Ademais das atraccións do Campo do Souto e do paseo do Espolón, esta mañá o grupo folclórico Arreixeira acompañou aos cabezudos no habitual pasarrúas, e o grupo ribeirense Os Bugis foi os protagonistas da sesión vermú

Este domingo, día 7, celébrase a tradicional xuntanza da Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón e o Festival de Bandas Comarca do Sar, no que participarán as bandas de Padrón, Touro e Caldas de Reis. As orquestras Atenas e Marbella amenizarán as últimas verbenas da Pascua 2024.

20240406 Padron Pascua sesion vermu Os Bugis 1

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…