-->

A Exposición da camelia e do bonsái de Padrón baixa o pano con éxito de participación

  • A calidade dos expositores e a afluencia de visitantes marcan o certame celebrado no Convento do Carme

  • O alcalde Anxo Arca e a corporación municipal participaron na inauguración e na entrega de galardóns

  • José Freire, organizador da expofeira, anunciou a creación dunha nova categoría na próxima edición: as camelias rexistradas en Galicia

20240324 expo camelia web (2)

O Convento do Carme acolleu esta fin de semana a oitava edición da Exposición da camelia e do bonsái coa participación dun total de 34 expositores que completaron o aforo e a visita de centos de persoas. O bo tempo e a singularidade da mostra organizada polo Concello de Padrón foron claves para o éxito desta expofeira que contou tamén cunha ampla programación de actividades divulgativas.

20240324 expo camelia web (4)

Dende as 9.30 horas do sábado, momento no que os expositores comezaron a colocar as flores, ata o seu peche o domingo ás 19.00 horas, o certame rexistrou un ir e vir constante de xente atraída pola beleza das camelias e dos bonsáis e polos diferentes obradoiros e talleres que se impartiron.

Juan Liñares, especialista en diferentes técnicas e coidados, foi o encargado de detallar as peculiaridades dos bonsáis mentres que a demostración de ‘Home Jungle Plants. Xardíns eternos e kokedamas’ descubriu aos participantes as características destes terrarios únicos. Edmundo Novoa, pola súa banda, levou a cabo un talleres sobre cactus e crasas.

20240324 expo camelia web (5)

O certame incluíu ademais a mostra de exemplares a cargo de José Freire e de Luis Baiño, un dos principais afeccionados aos bonsáis de España e que posúe unha das mellores coleccións de Europa.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, foi o encargado de inaugurar a exposición cunha intervención na que confirmou o máximo apoio por parte do goberno local á realización desta mostra. O rexedor confesou a súa admiración polo traballo que desenvolven as persoas expositoras e demostrou o seu coñecemento sobre estas especies, pois el mesmo conta con dous bonsáis.

20240324 expo camelia web (6)

O acto foi presentado por José Freire, organizador da exposición, quen anuncio que na próxima edición incluirase unha nova categoría de premio: as camelias rexistradas en Galicia. Tamén participaron as concelleiras Mariló Saco Vigo e Ana Castro, así como a vogal da Sociedade Española da Camelia, Elena Nogueira, e de Edmundo Novoa, da Asociación Galega da Camelia.

Entrega de premios

A entrega de premios foi una no máis o momento máis esperado por todos os participantes xa pola tarde. Os gañadores nas diferentes categorías foron:

Terras de Iria: Isolina Campos (Valga),

Camelia do Sar: Ana Rodríguez (Valga),

Camelia reticulata: Clara Abalo (Rois),

Camelia xapónica: Carmen Moldes e Juan Castro,

Camelia híbrida: Ana Fernández (Porriño)

e a Outras especies de camelia: Rosa Crespo e Jaime Escofet.

Os galardón foron entregados polo alcalde Anxo Arca e os membros da corporación municipal Chus Campos, Ana Castro, Mariló Saco Vigo e Laura Horta.

20240324 expo camelia web (7)

Xa o domingo continuou a mostra dende as 10.00 horas con novos obradoiro como o de elaboración de conservas artesanais impartido por Carme Freire ou o taller de poda e de froiteiras da man do profesor Afonso Touceda. Foron moitas as persoas que tamén gozaron nesta última xornada coa visita guiada dirixida e comentada por José Freire, organizador da exposición, quen comentou as diferentes variedades e o cultivo das camelias e dos bonsáis expostos.

20240324 expo camelia web (1)

Durante estes dous días, o Convento do Carme acolleu tamén dúas exposicións permanentes, unha con diferentes esculturas do artista Camilo Seira, e outra de pintura a cargo do alumnado de Ategal Padrón.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…