-->

Emotiva homenaxe ás ‘Rumorosas 2024’ nos actos de conmemoración do 8M en de Padrón

O Concello recoñeu a traxectoria profesional e o compromiso persoal pola Igualdade de María Calvo, Silvia Carnero, Lydia Angueira, Loli Quintáns, Sabela Ramos, Begoña Suárez, Ana Fernández e o grupo de palistas formado por Ainara Rodríguez, Sabela Duro, María Villaverde, Uxía Álvarez e Candela Romero  ||  

A exposición de rúa coas imaxes da homenaxeadas permanece nas rúas entre a praza da Igualdade e o casco histórico de Padrón  ||  

O auditorio municipal acolleu a representación da obra de teatro ‘Invisibles’ e o acto institucional coa lectura dun comunicado por parte da concelleira de Igualdade e muller Mariló Saco  ||  

 

A homenaxe as Rumorosas 2024 María Calvo, Silvia Carnero, Lydia Angueira, Loli Quintáns, Sabela Ramos, Begoña Suárez, Ana Fernández e o grupo de palistas formado por Ainara Rodríguez, Sabela Duro, María Villaverde, Uxía Álvarez e Candela Romero centrou os actos de conmemoración do 8M, Día da Muller, no Concello de Padrón. 

Estas mulleres foron elixidas pola súa destacada traxectoria e actuación na defensa da igualdade e protagonizan a exposición de rúa que permanecerá nas rúas da vila entre a praza da Igualdade e o casco histórico dando a coñecer o seu labor. Por mor das condicións meteorolóxicas, suspendeuse a inauguración desta mostra prevista para as 17.00 horas.

Os actos do 8M celebráronse no auditorio municipal, onde as 18.00 horas representouse a obra de teatro Invisiblesprotagonizada por Mela Casal, Neves Rodríguez e Sheyla Casal. O desgarrador testemuño sobre historias reais de maltrato atrapou ao público dende o primeiro momento.

Ao seu remate, e co aforo completo, as Rumorosas 2024 recibiron tamén o aplauso público da veciñanza e o galardón de mans do alcalde Anxo Arca e da concelleira de Igualdade e muller Mariló Saco.

A continuación levouse a cabo o acto institucional coa lectura do manifesto por parte da concelleira de Igualdade e muller. Na súa intervención, a edil subliñou “o firme compromiso do Concello de Padrón co feminismo, coa promoción e protección dos dereitos das mulleres e das nenas, e coa igualdade real e efectiva”. Mariló Sacó insistiu na idea de que o feminismo “non é o contrario ao machismo, senón que é igualdade” e tamén que “non é unha cousa soa de mulleres”. “Ser feminista atínxenos ás mulleres a aos homes que queremos construír unha sociedade igualitaria e sen discriminacións”, recalcou. 

“Por todas as devanceiras que iniciaron o camiño. As loitadoras, as oprimidas, as invisibles, as excluídas... por elas celebramos, festexamos ou nos rebelamos neste 8 de marzo. Vivan as mulleres!”, concluíu o manifesto a concelleira de Padrón. 

O acto rematou co alumnado máis novo da Escola Municipal de Música cantando o Himno Galego en versión feminista, con todo o auditorio de pé cantando.

20240308 Padron 8M homenaxe Rumorosas 22

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…