-->

O Convento do Carme acolle os días 23 e 24 a oitava edición da Exposición da camelia e do bonsái

  • O prazo para poder participar como expositor remata o luns 18 de marzo //

  • A feira inclúe diferentes talleres e actividades divulgativas totalmente de balde //

  • A entrada é libre e gratuíta //

 

O Convento do Carme acolle os vindeiros días 23 e 24 de marzo a octava edición da Exposición da camelia e do bonsái. A expofeira organizada polo Concello de Padrón, na que participan numerosos expositores procedentes de todo o país, conta cunha ampla programación de actividades divulgativas. A entrada é libre e gratuíta.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o vindeiro luns 18 de marzo a través do teléfono 686 445 520.

A exposición abre o sábado 23 a partir das 9.30 horas, momento no que os expositores comezarán a colocar as flores de cara ao acto de inauguración que está fixado para as 13.00 horas.

O primeiro dos talleres de formación terá ao bonsái como protagonista. Juan Liñares, especialista en diferentes técnicas e coidados, será o encargado de impartir este obradoiro entre as 10.00 e as 13.30 horas e as 16.00 e as 20.00 horas.

No programa da xornada destaca tamén ás 16.30 horas a demostración de ‘Home Jungle Plants. Xardíns eternos e kokedamas’ onde se poderá gozar destes terrarios únicos con plantas naturais elaboradas de maneira artesanal.

O mesmo sábado haberá máis talleres sobre cactus e crasas impartidos nesta quenda por Edmundo Novoa.

O momento máis esperado da xornada será a partir das 19.00 horas coa entrega de premios aos mellores expositores nas seis categorías: Terras de Iria, Camelia do Sar, Camelia reticulata, Camelia xapónica, Camelia híbrida e a outras especies de camelia.

Xa o domingo, o horario de apertura da exposición será as 10.00 horas, e unha hora máis tarde comezará o curso de elaboración de conservas artesanais impartido por Carme Freire.

A partir das 12.30 horas organizarase unha visita guiada, dirixida e comentada por José Freire, organizador da exposición, durante a cal explicará as diferentes variedades e o cultivo das camelias e dos bonsáis que forman parte da mostra.

O taller de poda e de froiteiras da man do profesor Afonso Touceda, profesional do cultivo,  está fixado para as 16.00 horas.

A feira baixará o pano ás 19.00 horas.

Exposicións permanentes

A VIII Exposición da camelia e do bonsái contará tamén con dúas exposicións permanentes que poderán ser visitadas polas persoas que se acheguen ata o Convento do Carme os días 23 e 24 de marzo.

Unha delas inclúe diferentes esculturas da man do artista Camilo Seira, mentres que a segunda trátase dunha exposición de pintura a cargo do alumnado de Ategal Padrón.

Ligazón: Programación da VIII Exposición da camelia e do bonsái

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…