-->

O VI Trail Vila de Padrón estreará o sábado 2 de setembro unha andaina dende Teo ao Espolón

  • A proba é puntuable para a Copa Xunta de carreiras de montaña nas categorías absoluta, júnior e cadete //

  • A andaina, non competitiva, ten un custo de 10 euros que inclúe autobús ata o punto de saída e avituallamentos //

O sexto Trail Desafío Vértice Vila de Padrón, puntuable para a Copa Xunta de Galicia de carreiras de montaña, disputarase o sábado 2 de setembro e contará con probas para todas as idades. Como novidade, este ano estrea unha andaina que sairá da capela de Santa Ana na Agrela (Teo) e finalizará no padronés Paseo do Espolón.

A proba absoluta, o trail longo, ten 22 quilómetros e un desnivel de 1.530 metros. Trátase dun dos máis esixentes de Galicia cun percorrido entre sendeiros, cortalumes e descensos técnicos polos montes de Lampai e Lapido, entre Teo e Padrón.

As competicións puntuables para a Copa Xunta abranguen tamén un trail curto, para a  categoría xuvenil, que consta de 13 quilómetros cun desnivel de 600 metros; e un trail cadete, de 7,5 quilómetros e 310 metros de desnivel.

Ademais, rapazas e rapaces poderán participar no minidesafío, probas adaptadas por idades de 2,5 quilómetros (picoutos), 1,4 quilómetros (penedos) e 300 metros (pelouros) que se desenvolverán en Padrón a partir das 13.00 horas e teñen inscrición gratuíta.

Pero a gran novidade do Trail Vila de Padrón é unha andaina aberta a todas as persoas que queiran facer un pouco de exercicio ao aire libre e coñecer as paraxes polas que discorre o trail. Esta proba non competitiva sairá da capela de Santa Ana na Agrela (Teo) e cubrirá 13,5 quilómetros ata chegar á meta en Padrón.

O percorrido comezará seguindo a ruta oficial de sendeirismo PRG-256 Per caminho de Lampai, que discorre en paralelo ao rego de Tarrío por un bosque de ribeira no que se atopan varios muíños e finaliza no marco medieval do Porto de Lampai, fronteira entre os concellos de Teo e Padrón. Dende este punto, a andaina continuará por varios camiños de monte, ao abeiro de carballos e sobreiras, para logo avanzar pola ladeira do Lapido, con fermosas vistas sobre o Castro Valente, o río Ulla e a súa desembocadura. O tramo final achégase ata as beiras do Sar pola aldea do Roucón e a colexiata de Iria, para acadar finalmente a meta no Paseo do Espolón.

A inscrición para andaina, ao igual que para o trail, faranse na páxina web de Galitiming. Ten un custo de 10 euros e inclúe dorsal, transporte en autobús dende Padrón á capela de Santa Ana, sinalización no percorrido, tres avituallamentos, petiscos na liña de meta, seguro de accidentes e asistencia médico-sanitaria. O prazo para anotarse remata o domingo 27 de agosto.

Pódese consultar máis información das diferentes probas do trail na páxina de Desafío Vértice

carteis unidos

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…