-->

Século XX e a EEI da Escravitude, gañadores do concurso de decoracións ‘Nadal na rúa 2022’

  • Alcalde e concelleira de Cultura destacan o alto nivel de participación desta edición e a creatividade das decoracións //

  • Na categoría de establecementos, o restaurante Mundos e o salón de peiteado canino Vaia Pelos, álzanse co segundo e terceiro premio //

  • A EEI de Pontecesures leva o segundo premio á decoración realizada por centros educativos //

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, entregaron o pasado martes, 20 de decembro, os premios do concurso de decoracións Nadal na rúa 2022 aos gañadores desta edición. Os vencedores indiscutibles desta edición foron o café bar Século XX (na categoría de establecementos e locais de hostalería, e a Escola de Educación Infantil (EEI) da Escravitude (na categoría de asociacións sen ánimo de lucro, entidades culturais e centros educativos), que recibiu un vale por valor de 200 €. 

0 3 SeculoXX

Segundo o fallo do xurado, o segundo e o terceiro premio na categoría de establecementos e locais de hostalería foi para o restaurante Mundos (150 €) e para o salón de peiteado canino Vaia Pelos (100 €), respectivamente.

Mentres que o segundo na categoría de decoración realizada por asociacións sen ánimo de lucro, colectivos, entidades culturais ou centros educativos, dotado con 100 €, recaeu na Escola de Educación Infantil de Pontecesures.

0 4 Mundos

Antonio Fernández Angueira destacou o alto nivel de participación este ano na modalidade de establecementos e locais de hostalería con 15 participantes, así como a participación de catro centros escolares: as EEI de Extramundi de Arriba, A Escravitude e Pontecesures e a Escola Infantil Municipal Pequenos escolares.

“Estamos moi satisfeito co nivel de participación desta edición e a creatividade aplicada nas  decoracións”, remarca o alcalde, engadido que “esperemos que ano a ano a participación neste concurso vaia a máis e se siga decorando Padrón nestas datas”. O alcalde tamén indicou que “este xeito de traballar en conxunto sempre da moi bos resultados”.

0 2 Pontecesures

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lorena Couso, quixo destacar a participación dos centros educativos de Padrón nesta iniciativa e agradecer ás familias “o traballo que fan para que as escolas estean tan fermosas nestas datas. Sen a implicación das nais e dos pais das crianzas isto non sería posible”, subliña Lorena Couso.

 Na valoración das decoracións, o xurado tivo en conta a orixinalidade e/ou creatividade na ornamentación, a inclusión de identidade local e o emprego de materiais de refugallo.

Compre subliñar que as contías dos premios deberán ser consumidas no comercio e na hostalería local. As persoas gañadoras terán ata o 30 de xaneiro de 2023 para realizar o gasto e presentar os recibos das súas compras na Oficina de Turismo.

As fotos dos participantes no concurso poden verse neste enlace

01 EEI Escravitude decoracion Nadal 00009

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…