-->

Amplíase ata o 19 de agosto o prazo de solicitude para poñer un posto na Feira Medieval de Padrón

  • Pode ser de alimentación ou de artesanía e a petición deberá entregarse no Rexistro do Concello //

O Concello de Padrón decidiu ampliar ata o 19 de agosto o prazo de presentación de solicitudes para poñer un posto de alimentación ou artesanía na Feira Medieval que se desenvolverá do 2 ao 4 de setembro nas rúas do casco histórico.

As persoas interesadas deberán cubrir o impreso de solicitude e, xunto con toda a documentación requerida, entregala no Rexistro do Concello.

A participación poderá facerse con dous tipos distintos de postos:

  • Alimentación: aqueles postos que vendan comida ou bebida.
  • Artesanía: para a venda de produtos manufacturados polo propio vendedor ou vendedora mediante proceso artesanal e que exhiba a devandita técnica ante o público que asista á feira un mínimo de dúas horas diarias.

A Feira Medieval de Padrón abrirá ao público o venres 2 de setembro de 18.00 a 1.00 horas e continuará durante toda a xornada do sábado 3 e o domingo 4 entre as 10.00 a as 14.00 pola mañá e entre as 17.00 a 01.00 horas pola tarde. A partir da unha da madrugada non se poderá desenvolver ningunha actividade nos postos.

As bases e o regulamento da Feira Medieval de Padrón, así como a ficha de inscrición pódense descargar nos arquivos que se achegan:

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…