Print this page
-->

A estrada da Trabanca estará cortada xoves e venres por obras de acondicionamento

  • O peche comezará ás 08.30 do xoves 30 de xuño e está previsto que remate o venres, 1 de xullo, á 16.00 horas

 

O Concello de Padrón anuncia o peche ao tráfico da estrada AC-299 á altura da Trabanca, con motivo das obras de acondicionamento da vía. O corte comezará mañá, xoves 30 de xuño, ás 08.30 horas e permanecerá pechada ata o venres, 01 de xullo, ás 16.00 horas.

O corte de tráfico afectarán á zona que vai desde Casa Pérez ata a Ponte do Carme. Deste xeito, os usuarios que circulen cara Padrón desde Rois pola AC-299 deberán desviarse, á altura de Casa Pérez, cara a Extramundi. 

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…