Print this page
-->

A Xunta elixe o xardín botánico de Padrón para presentar o libro ‘Árbores e formacións senlleiras de Galicia’

  • O alcalde, Antonio Fernández, destaca a singularidade e importancia deste espazo verde //
  • A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda subliñou que Galicia conta con 182 pezas excepcionais do patrimonio natural de ata 79 especies diferentes //
  • O municipio padronés conta con 9 destes elementos, 5 deles no xardín botánico-artístico //

 

A conselleira Ánxeles Vázquez e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, presentaron hoxe no xardín botánico-artístico o libro Árbores e formacións senlleiras de Galicia, un volumen publicado pola Xunta que recolle 182 pezas excepcionais do patrimonio natural de Galicia de ata 79 especies diferentes, situados tanto no medio natural como en pazos, xardíns ou parques. Durante a presentación, enmarcada na celebración do Día mundial da Árbore, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destacou a singularidade do xardín padronés, un recinto que alberga 5 dos 9 elementos senlleiros cos que conta Padrón e que están incluídos no Catálogo de Árbores senlleiros de Galicia.

Antonio Fernández Angueira destacou a singularidade do espazo padronés e agradeceu a deferencia da Xunta, en xeral, e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de elixir o xardín botánico artístico de Padrón para presentar a publicación.

“Este ano, quixemos celebrar esta xornada non só con plantacións, senón tamén desfrutando das árbores que levan moitos anos plantadas”, destacou Ánxeles Vázquez.

A conselleira de Medio Ambiente subliñou que a publicación que hoxe presentou a Xunta, e que será actualizada periodicamente, ten por obxecto coñecer en profundidade as características de cada exemplar. Nela inclúense aquelas consideradas excepcionais debido ao seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural e interese científico; e que, as fan merecedoras dunha especial protección.

Ánxeles Vázquez aproveitou o acto para reiterar o compromiso da Xunta coa preservación destes exemplares. E, subliñou que, dende o ano 2020 o Goberno galego destinou 235.000 euros a axudas para accións de conservación e mellora do entorno, aplicación de tratamento fitosanitarios, iniciativas de sensibilización ou execución de estudos. E lembrou que ata o 14 de xullo está aberta unha nova convocatoria de subvencións destinadas a seguir conservando, protexendo e mellorando as árbores e formacións incluídas no Catálogo de árbores senlleiras.

Ao acto tamén asistiron a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo; o edil de Urbanismo, José Ramón Pardo; a concelleira de Cultura, Lorena Couso; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o párroco de Padrón e arcipreste de Iria, Roberto Martínez; e o superior do Convento de Herbón, o pai Honrrubia.

Cada un dos presentes recibiu un exemplar en papel de Árbores e formacións senlleiras de Galicia. A publicación estará tamén a disposición da cidadanía en https://cmatv.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=445351&name=DLFE-63986.pdf">formato dixital na páxina web da Consellería.

Para finalizar o acto, a comitiva realizou un percorrido polo recinto da man do técnico de Turismo, Alberto Rey, para coñecer un pouco a historia do xardín botánico-artístico e a ubicación das árbores senlleiras.

Subliñar que o xardín botánico-artístico conta con 5 exemplares senlleiros: Dúas secuoias (a de Macías o Namorado e a de Rosalía), a Coroa de Cristo, o carballo asfixiado; o castiñeiro de Indias e a Palmeira do Senegal.

As outras 4 árbores senlleiras ou formacións atópanse na Casa Museo Rosalía de Castro (a figueira), no Convento de Herbón (a palmeira), en Iria, xunto á igrexa de Santa (as oliveiras) e no Paseo do Espolón (a formación de plataneiros).

 

20220628 Arbores Senlleira 81

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…