Print this page
-->

Dispoñible para a súa consulta o mapa de ordenación do mercado de Padrón do 23 de maio

O mercado de Padrón retoma a súa actividade co 50% dos postos, co mesmo sistema que promove a alternancia cada fin de semana. 

A distancia mínima que deben manter os puntos de venda debe ser de 1,5 metros, se ben todos aqueles que instalen unha mampara de metracrilato, plástico, tela ou lona para evitar o contacto, poderán acortar esta distancia.

O mercado estará vixiado polos equipos de Polícia Local, por persoal dunha empresa de vixilancia contratada polo Concello, o GES e Protección Civil. Así mesmo, nos momentos previos e posteriores ao mercado un equipo de limpeza procederá á desinfección profunda destes espazos.

Os polbeiros retoman a súa actividade

Esta fin de semana tamén retoman a súa actividade, os polbeiros, coas restricións propias da hostalería.  

Consulta aquí o mapa da ordenación provisional de puntos de venda no mercado. 

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…