Print this page
-->

A piscina municipal da Escravitude abre ao público este sábado 28 de xuño

A instalación permanecerá operativa de luns a domingo en horario de 14:00 a 21:00 horas

 

A piscina municipal da Escravitude abrirá ao público este sábado, 28 de xuño, dando inicio á tempada de verán no Concello de Padrón. A instalación permanecerá operativa todos os días da semana, de luns a domingo, en horario de 14:00 a 21:00 horas.

As tarifas para esta tempada 2025 mantense en 2,50 euros por entrada no caso das persoas maiores de 18 anos. Os xubilados, pensionistas, familias numerosas e mozos e mozas de 14 a 17 anos beneficiaranse dun prezo reducido de 1 euro por entrada. O acceso será gratuíto para os menores de 13 anos.

Tamén se ofrecerán bonos de 20 entradas, cun custo de 30 euros para maiores de 18 anos e de 10 euros para os colectivos con tarifa reducida. Estes bonos poderán adquirirse na Tesourería Municipal.

Coa apertura da piscina, o Concello de Padrón busca ofrecer á veciñanza unha alternativa de ocio estival centrada no lecer activo, o deporte e a convivencia.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…