-->

O alcalde Anxo Arca participa na clausura do Plan Integrado de Emprego do Concello de Dodro 2023/2024

  • Un total de 26 persoas veciñas de Padrón formáronse neste ciclo

  • Dende hoxe está aberto o prazo de inscrición para o programa 2024/25 cunha oferta de 100 prazas

  • O programa está deseñado para dar resposta ás necesidades de formación en sectores con alta demanda de profesionais

 

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, participou este venres 8 de novembro na clausura do Plan Integrado de Emprego de Dodro (PIE) 2023/2024 compartido con Rois, Valga, Catoira e Pontecesures. Durante este ciclo formouse nos últimos nove meses a 100 persoas desempregadas, 26 delas padronesas, mediante cursos sobre novas tecnoloxías ou prevención de riscos laborais, entre outros sectores, de cara á inserción laboral e coa meta de alcanzar un 37% de éxito nestas áreas. 

Hoxe tamén comezou o prazo de inscrición da nova queda do Programa Integrado de Emprego do Concello de Dodro 2024/2025 que volve ofertar 100 prazas para demandantes de emprego e está deseñado para dar resposta ás necesidades de formación en sectores con alta demanda de profesionais.

As persoas participantes recibirán formación especializada nos seguintes sectores: loxística e comercio; servizos á comunidade; sector sociosanitario; industrias alimentarias; téxtil, imaxe e son; hostalaría e turismo; fabricación mecánica e administración e xestión.

Ademais de formación técnica, os participantes contarán con orientación e asesoramento laboral individualizado, obradoiros de coaching e intelixencia emocional, e habilidades para entrevistas de traballo. Tamén se lles ofrecerá apoio no desenvolvemento de competencias dixitais e fomentará o autoemprego e o emprendemento.

Para facilitar a participación, o programa inclúe unha axuda económica de 10 € diarios pola asistencia, facilitando a conciliación familiar. Poderán participar persoas de colectivos específicos, como maiores de 45 anos, mulleres, desempregados de longa duración e persoas con discapacidade. Deberán figurar de alta como demandantes nas Oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.

As persoas interesadas en participar poden a través do Departamento de Emprego do Concello de Dodro, ou ben contactando nos teléfonos 981 802 062 e 669 949 973/676 829 521.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…