-->

Anxo Arca entrégalle o premio Camilo José Cela ao bilbaíno de orixe xalleiro Iñaki Túrnez

O acto celebrouse na fundación que leva o nome do premio Nóbel  ||  

“Divina Apostasía é o meu relato máis disparatado e irreverente. Estou seguro que a don Camilo non lle ía a escarmentar en absoluto”, dixo o gañador  ||  

O trío de Inés Carreño No Stress puxo a nota musical ao acto  ||  

 

 

“Recibo este premio en honor a unha xalleira, a miña bisavoa Carmen Turnes. O bisneto volve a casa”. Con estas palabras recollía onte Iñaki Túrnez o premio da 33ª edición do Premio literario Camilo José Cela, que cada ano convoca o Concello de Padrón e que lle entregou o alcalde no paraninfo da fundación que leva o nome do Nóbel de literatura.

A esta edición do premio presentáronse máis dun cento de relatos de toda España. “É xa un certame cunha forte implantación, e aínda que se diga que nunca son bos tempos para a literatura, aquí estamos, entregando o premio da 33ª edición dun dos certames literarios máis consolidados de todo o Estado”, dixo o alcalde, Anxo Arca.

O premio está dotado con 1.500 euros e unha estatuíña co busto do escritor. Tras recoller o galardón, Iñaki Túrnez asegurou que “Divina Apostasía é o meu relato máis disparatado e irreverente. Cando o rematei, atopei as bases do Premio Camilo José Cela e díxenme: isto a don Camilo non lle ía a escarmentar en absoluto”, polo que decidiu presentalo ao certame.

Na súa intervención, Túrnez lembrou tamén os seus orixes galegos. “Recibo este premio en honor a unha xalleira, polo que se pode dicir que o bisneto volve á casa”, asegurou. De feito, Túrnez presentouse ao certame que dende 1989 convoca anualmente o Concello de Padrón co seudónimo Santa Comba.

O acto celebrouse este ano non paraninfo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Tras a intervención do galardoado, o trío de Inés Carreño No Stress ofreceu un pequeno concerto, que comezou o tema Gracias a la vida e rematou co coñecido Quizás, quizás, quizás.

Iñaki Túrnez García é diplomado pola Escuela Universitaria de Estudios Empresariales de Bilbao, cidade onte traballa como asesor fiscal. Ademais de colaborar en revistas literarias e en diversas antoloxías, conta xa con varios premios literarios entre os que destacan a XVI edición do Premio de novela breve Salvador García Aguilar coa súa primeira novela La chica de los juegos; a IX edición do Premio Encina de plata, con Piel de mail; ou o VIII Certamen internacional de novela corta Giralda coa obra No es tiempo de claudicar. A súa cuarta novela publicada, El portal de la desesperanza, foi tamén finalista do VI Premio literario Multiverso.

Contemporaneidade do relato

O xurado do XXXIII Premio literario Camilo José Cela valorou do texto gañador “a contemporaneidade do relato, a intensidade descritiva dalgunha das escenas así como o manexo do elemento sorpresa que o dotan dun estilo cru e vangardista”. Anxo Arca, presidente do xurado, destacou tanto o incremento do número de relatos presentados nesta edición, con máis dun cento, “como o aumento notable da calidade dos mesmos”.

Ademais do alcalde, formaron parte do xurado Carlos Arias Iglesias, funcionario da Xunta de Galicia, escritor e gañador do concurso na segunda edición; Beatriz Vázquez Lorenzo, licenciada en Filoloxía inglesa; Inés Mosquera Calvo, mestra de Educación Primaria e investigadora do Centro Ramón Piñeiro; Esteban Folgar Brea, profesor de lingua e literatura do IES da Estrada; Covadonga Rodríguez del Corral, directora xerente da Fundación Pública Galega Camilo José Cela; e Mª Cruz Taboada Álvarez, funcionaria do Concello de Padrón.

20240202 Alcalde Padron entrega premio Camilo Jose Cela a Inhaki Turnez 6

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…