-->

Padrón esixe tolerancia cero contra a violencia de xénero nun vídeo co casos reais de tres vítimas

  • O Centro de Información á Muller atendeu un total de trinta e unha mulleres vítimas da violencia machista nos últimos tres anos//

O Concello de Padrón publica hoxe un vídeo con testemuñas reais de tres mulleres da localidade vítimas de maltrato, que puideron reconducir as súas vidas logo de denunciar aos seus agresores o recibir o apoio de profesionais especializadas en violencia de xénero como as que traballan no Centro de Información á Muller Terras de Iria.

Desde o ano 2020, o CIM localizado en Padrón atendeu un total de trinta e un novos casos de violencia machista. No audiovisual, expóñense situacións reais vividas por tres das vítimas,  mulleres ás que lles prestan imaxe e voz as veciñas de Padrón Claudia Fernández, Sara Saborido e Begoña Villaverde coa fin de garantir o anonimato das vítimas.

O CIM de Padrón escolleu, ademais, tres perfís completamente distintos para poder visibilizar que calquera muller pode ser vítima da violencia machista, unha violencia gratuíta e estrutural que deixa marcas e afecta non só as propias agredidas senón tamén as súas familias e a toda a sociedade.

O obxectivo é sensibilizar á veciñanza de que a loita contra a violencia de xénero é deber de todas as persoas, á vez que se lles mostra as mulleres algunhas pautas comúns de relacións tóxicas para que sexan quen de identificalas. Ao tratarse de historias de superación, anímase tamén ás vítimas a denunciar e pedir axuda para deixar atrás o maltrato.

O vídeo, producido pola empresa compostelá Alicentis, enmárcase nas accións que Padrón leva desenvolvendo ao longo deste mes de novembro como apoio á conmemoración o vindeiro sábado 25 do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A programación co gallo do 25N inclúen actividades de sensibilización nos centros educativos, a celebración o venres 24 dun vídeoforum para reflexionar sobre os roles de xénero coa excusa do visionado da película ‘Matria’. 

O Concello de Padrón quere agradecer especialmente a colaboración das tres mulleres que protagonizan o vídeo e a colaboración de Silvia’s Look eco-salón de belleza.

O vídeo pode verse nas redes sociais do Concello de Padrón e premendo nesta ligazón. 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…