-->

O Concello de Padrón anima ás empresas, ás asociacións e aos centros educativos a decorar balcóns e escaparates co concurso ‘Nadal na Rúa’

  • O certame busca enxalzar a beleza do patrimonio arquitectónico da vila e dinamizar a participación activa do comercio, da hostalería e da restauración

  • Repartiranse 800 euros en premios para consumir nos establecementos locais

  • A inscrición está aberta ata o 1 de decembro e as creacións quedarán expostas do 12 de decembro ata o 6 de xaneiro 

2

O Concello de Padrón convoca a cuarta edición do concurso Nadal na Rúa co obxectivo de animar á veciñanza a decorar os balcóns, ventás, escaparates, fachadas, xardíns ou elementos exteriores do rueiro de todo o municipio padronés, tanto no seu casco histórico coma nas zonas próximas.

O goberno municipal busca enxalzar a beleza do patrimonio arquitectónico da vila nesta tempada de Nadal e dinamizar a participación activa do comercio, da hostalería e da restauración para ofrecer un Padrón máis atractivo tanto para a poboación local como para as persoas visitantes.

O certame repartirá ata 800 euros en premios e establece dúas categorías: empresas e asociacións sen ánimo de lucro, colectivos, entidades culturais ou centros educativos de Padrón.

O período de inscrición está aberto ata o 1 de decembro na Oficina de Turismo tanto de forma física como a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A inscrición é de balde. Solicitarase ás persoas participantes que envíen ata 2 fotografías da decoración: unha de día e outra de noite, vía correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o 12 de decembro de 2023 inclusive.

As decoracións deberán ser visibles dende a vía pública no período comprendido dende o 11 de decembro deste ano ata o 6 de xaneiro de 2024, ambos días incluídos. En ningún caso poderán interromper á actividade cotiá da cidadanía, ocupar a vía pública, nin causar perigo ás persoas, vehículos ou bens.

A contía dos premios de Nadal na Rúa será de 250, 150 e 100 euros, respectivamente, xunto a un diploma para as empresas gañadoras. Mentres que na categoría destinada á decoración realizada por asociacións sen ánimo de lucro, colectivos, entidades culturais ou centros educativos de Padrón contémplase un primeiro premio de 200 euros e un segundo de 100 (ambos tamén con diploma).

En todos os casos a totalidade dos premios deberá ser consumido no comercio e na hostalaría de Padrón no período que vai ata o 30 de xaneiro de 2024. No caso de non gastar todo o premio, ou de non presentar os recibos correspondentes, o Concello solicitará o seu reembolso.

Elección do xurado

O xurado valorará especialmente a creatividade e a orixinalidade na ornamentación; a inclusión de identidade local e o emprego de materiais de refugallos ou eco-sostibles. O 14 de decembro, os seus integrantes visitarán os locais e as entidades participantes para facer a súa valoración e emitirán o seu veredicto unha vez finalizado o concurso.

As bases do concurso e a ficha de inscrición poden descargarse na web do Concello de Padrón (www.padron.gal) e na web de turismo de Padrón. Para máis información, as persoas interesadas deberán achegarse á Oficina de Turismo, enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar ao teléfono 646 593 319.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…