Print this page
-->

O Concello de Padrón celebra este sábado 23 unha homenaxe a Pepe Domingo Castaño

Na praza dedicada ao xornalista convócase un brinde na súa memoria ás 13.15 horas, acto no que intervirán o o presidente da Xunta, o seu irmán Susé e o alcalde Anxo Arca ||

O Concello de Padrón organiza este sábado 23 de setembro unha homenaxe ao finado Pepe Domingo Castaño que se vai celebrar na praza dedicada ao coñecido xornalista a partir das 13.15 horas.

No acto van intervir o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o alcalde, Anxo Arca, e Susé Castaño Solar, irmán do xornalista finado a madrugada do pasado domingo. A homenaxe vaise celebrar na praza Pepe Domingo Castaño do casco histórico padronés, na que xogaba de pequeno o homenaxeado. Ao rematar farase un brinde na súa memoria.

Pulpería Ria e cafetería A Esquina son dous dos establecementos e entidades que colaboran co Concello na organización desta homenaxe.

O alcalde convida a toda a veciñanza de Padrón a “sumarse a esta homenaxe, coa que queremos agradecerlle todo o que Pepe Domingo Castaño fixo polo noso pobo, e trasladarlle á súa familia todo o noso agarimo”, indica Anxo Arca.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…