Print this page
-->

A Deputación financia con 10.000 euros o mantemento do posto de técnico en animación sociocultural durante o ano 2022

O Concello de Padrón vai recibir unha subvención de 10.000 euros da Deputación da Coruña para o mantemento do posto de técnico/a en animación sociocultural durante o ano 2022.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicaba onte, mércores 4 de maio, a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello de Padrón ao abeiro do Programa FO206: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de Cultura en 2022.

Podes consultar a resolución do BOP nesta ligazón

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…